Publicacións

PASO A 1º DE PRIMARIA

Imaxe
Como sabedes, no centro acostumamos realizar unha reunión para falar do paso de Infantil a Educación Primaria.  Con ela pretendemos acompañarvos nesta nova andaina, escoitar e, tentar de resolver, as posibles dúbidas que poidades ter. Cremos que ter unha información adecuada evita medos, incertidumes e tensións que podedes, sen pretendelo, transmitir aos vosos fillos/as. Na seguinte imaxe interactiva atoparedes  documentos e pautas con información, co fin de facilitar o coñecemento da nova etapa e a transición á mesma. 

BENVIDOS AO COLE! INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NOVO INGRESO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Imaxe
Benvidos ao cole!  Como cada curso, facemos a reunión coas familias de novo ingreso, que pretende ser unha  primeira toma de contacto co centro , así como proporcionar información que   resolva posibles dúbidas  que se vos poidan plantexar ante a escolarización dos vosos fillos/as e   transmitirvos unha serie de  recomendacións  para poñer en práctica durante o verán e facilitar así a entrada na escola. Sabemos que, por distintas circunstancias, non sempre é posible levar a cabo todas as suxerencias que vos facemos. Por iso, se o voso fillo/a se atopa nalgunha situación especial, non vos preocupedes, falaremos tan pronto se escolarice e tentaremos de atopar a solución máis adecuada. Cando escolarizades aos vosos cativos/as no colexio adquirimos un compromiso entre o centro e as familias, que ten como obxectivo traballar unidos cara unha meta común:  A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS E FILLAS

IMOS AO INSTITUTO: INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS E ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Imaxe
  O pasado 15 de xuño despedimos aos nosos alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria nunha fermosa  e emotiva festa de graduación. Nervios, tristura... pero tamén moita ilusión ante  a nova etapa que comeza . Desde o colexio, queremos acompañarvos na transición de  Primaria a Secundaria, por iso, ao longo do 2º e 3º trimestre deste curso, levamos a cabo unha serie de actividades que  forman parte do programa de transición a ESO, que se realiza conxuntamente co instituto ao que estamos adscritos: Visita do alumnado ao novo centro para coñecer as aulas, as instalacións etc. Reunión entre o equipo docente de 6º, a orientadora e a xefa de estudos do Instituto, co fin de coordinar o cambio de etapa. Charla no instituto dirixida ás familias coa finalidade de que obteñades toda a información que precisades (martes 27 de xuño, ás 19:00 horas). Mentres tanto, deixámosvos información co fin de facilitar o coñecemento da  nova etapa e a transición a Secundaria....

RECURSOS PARA ALUMNADO MARROQUÍ

Imaxe
  Recompilación de recursos para traballar nas aulas co alumnado de orixe marroquí

FAMILIAS VISIBLES

Imaxe
Familias visibles é un padlet elaborado polo mestre de Educación Infantil e Primaria Rubén García Hernández ( elmaestroruben) cunha selección de materiais para abordar a diversidade familiar.  A través de distintos contos pódense traballar na aula as distintas estruturas familiares desde una perspectiva tolerante, respectuosa e igualitaria.

PROTOCOLO DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS (VERSIÓN 2022)

Imaxe
Documento editado pola Xunta de Galicia no que se recompilan as cuestións normativas máis relevantes con respecto á protección de datos persoais nos centros escolares, así como se ofrecen modelos de cláusulas de información e autorización para ser usados nos centros. Este protocolo actualizarase regularmente con distintos cambios normativos que se produzan. Para acceder a el, pincha na imaxe

PROTOCOLO DE PREVENCIÓN E ACTUACIÓN NOS ÁMBITOS SANITARIO E EDUCATIVO ANTE O RISCO SUICIDA INFANTO-XUVENIL

Imaxe
  Actualización do Protocolo de prevención, detección e intervención do risco suicida no ámbito educativo do ano 2018, que inclúe novas estratexias que teñen como obxectivo abordar os malestares e o sufrimento psicolóxico e reducir o risco de suicidio da nosa poboación nos anos vindeiros. Para descargar o documento, preme aquí

GUÍA BREVE PARA A PREVENCIÓN E ACTUACIÓN ANTE A VIOLENCIA EXERCIDA POR ADOLESCENTES

Imaxe
Programa de intervención social e terapéutica con menores que exercen violencia física, psicolóxica e/ou sexual realizado pola Fundación Márgenes y Vínculos en colaboración coa Área de Derechos Sociales del Ayuntamiento de Málaga . Ofrece pistas para detectar se estamos ante un adolescente que exerce algún tipo de violencia; pautas para previr estas condutas nos adolescentes; información sobre como pode afectar a violencia á persoa que agride e sobre como actuar cando nos percatamos de que se está a dar esa situación.  Para acceder ao documento, preme na guía

MENORES VIVINDO UNHA GUERRA

Imaxe
O  Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid publica unha guía que pretende contribuír a minimizar o impacto psicolóxico da Guerra na infancia e adolescencia.  O documento ofrece pautas psicolóxicas ás familias, aos profesionais da educación e ao persoal que traballa con nenos/as e adolescentes para minimizar o impacto que están a sufrir pola invasión de Ucrania, así como  pretende dotar de  estratexias   para coidalos e protexelos da mellor maneira posible . Na primeira parte da guía preséntanse pautas específicas para explicar aos nenos/as o contexto no que viven ou do que foxen; os principais problemas que poden sufrir tras estar inmersos nunha guerra e pistas para recoñecer cando están a desenvolver condutas preocupantes e como actuar ante elas. Na segunda parte infórmase das principais reaccións emocionais que poden presentar os nenos/as expostos a crudas imaxes nos medios en función da súa idade, danse pautas para xestionar o posible malestar psicolóxico dos...

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS PARA O ALUMNADO UCRAÍNO

Imaxe
Recompilación de recursos para traballar nas aulas co alumnado ucraíno, así como ideas e materiais para abordar o tema nas aulas. Imagen: Unicef

GUÍA PARA O USO RESPONSABLE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Imaxe
Guía coeditada entre a Xunta de Galicia e a Fundación INGADA, orientada particularmente ás familias e profesorado de persoas con TDAH. Pretende educar sobre como posibilitar un uso responsable e un adecuado aproveitamento das utilidades das tecnoloxías de información e comunicación   na vida diaria. Ademais ofrece pautas para facer un uso correcto das TIC, evitando potenciais perigos, así como recomendacións de vida saudable e alternativas divertidas e formativas.  Pincha no enlace para acceder ao documento

PRINCIPIOS PARA O DESEÑO UNIVERSAL DE APRENDIZAXE

A guía que a continuación se presenta pertence ao proxecto Recursos Educativos Abertos (REA) Andalucía, impulsado en 2020 pola Consejería de Educación de dita Comunidade Autonóma. En concreto este documento pretende facilitar os principios e pautas didácticas do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA).

DESEÑO UNIVERSAL E APRENDIZAXE ACCESIBLE

Imaxe
Guía elaborada polo CEFIRE específico de educación inclusiva da Generalitat de Valencia con estratexias para facilitar a implementación dos principios do deseño universal nos procesos de aprendizaxe que permitan identificar posibles barreiras e na creación de contextos de aprendizaxe accesible.  

PREVENCIÓN, DETECCIÓN E INTERVENCIÓN EN CASOS DE IDEACIÓN SUICIDA NO ÁMBITO EDUCATIVO

Imaxe
Guía para centros escolares con pautas para a prevención do suicidio no ámbito educativo. E laborouna un Grupo de traballo integrado no Observatorio Aragonés pola Convivencia, baixo a   coordinación do Departamento de Educación do Goberno de Aragón. Como se pode ler na introdución do documento, este pretende poñer a disposición dos centros educativos unha ferramenta de información sobre a problemática do risco suicida na infancia e adolescencia, promover mecanismos de prevención e de protección e  proporcionar pautas de actuación claras e sinxelas que permitan a toma de decisións inmediatas . Pincha aqui para acceder ao documento Ademais a guía trata conceptos clave para comprender o problema, para identificar as crenzas erróneas sobre o suicidio, proporciona estratexias para detectar factores de risco e sinais de alerta no alumnado, así como determina as accións para previr o risco de suicidio e dá pautas de actuación para intervir no caso de ideación suicida dun alumno/a.

ESTRATEXIAS PROACTIVAS DE REGULACIÓN EMOCIONAL

Imaxe
Guía, elaborada pola Comisión Técnica de Traballo e Estudo da Área de Educación e Formación da Federación Autismo Madrid, con estratexias de enfrontamento ante as condutas desafiantes que presentan, en ocasións, as persoas con TEA. Tamén nos axuda a comprender estes comportamentos, así como ofrece apoios para establecer comportamentos máis axustados ao contexto no que viven desde un enfoque preventivo.

ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO SEGUNDO A LOMLOE

Imaxe interactiva cos novos tipos de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo segundo a LOMLOE. Así mesmo inclúense as posibles medidas de atención á diversidade que indica a Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2021-2022

 

COMO MANEXAR A ANSIEDADE

Pautas para identificar e manexar a ansiedade  e a preocupación excesiva ante os exames

UN NENO CON TEA NA MIÑA CLASE

Imaxe
Documento elaborado polo Servizo de Atención Temperá de Burgos que achega unha   breve explicación   sobre as características e necesidades educativas que poden ter os nenos e nenas con Trastorno de Espectro Autista, así como un conxunto de estratexias que se poden implementar nas aulas de Infantil.

ENTRADA A INFANTIL