ESOS LOCOS QUE ENSEÑAN
Este final de curso, non puiden resistirme a dedicar unha entrada aos meus compañeiros de traballo. Porque o meu cole é como é grazas a eles, á súa profesionalidade e á súa dedicación. Porque, cada día, converten o centro nun lugar máis amable. Porque se empeñan en conseguir o mellor de cada alumno e alumna (e non soltan a presa). Porque sempre se involucran en todo o que se propón. Porque rematamos un novo curso, cheo de anécdotas, de apuros, de ilusións compartidas e pode que dalgún que outro fracaso, pero, en todo caso, tamén compartido. Porque é un pracer traballar ao seu lado. Polos bos momentos e pola súa axuda para soportar os malos. Porque nada disto podería conseguirse sen eles. Por todo iso, quero compartir convosco un escrito que, seguramente coñecedes, xa que leva circulando por internet dende hai varios anos. Trátase de Eses tolos que ensinan . E eu quero dedicarllo con cariño, respecto e admiración a todos os toliños que ens