Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta probas estandarizadas

PROBAS E TEST

Imaxe
Recompilación de probas que poden ser de axuda na avaliación psicopedagóxica INSTRUMENTOS PARA A AVALIACIÓN DE TDAH E DEA CUESTIONARIO AUTOCONCEPTO CUESTIONARIO AUTOCONCEPTO ESO CUESTIONARIO ROGERS PARA NOMINACION DOS MÁIS CAPACES. PAIS CUESTIONARIO ROGERS PARA NOMINACION DOS MÁIS CAPACES. PROFESORADO ECOL_ AVALIACIÓN DA COMUNICACIÓN E A LINGUAXE EFECO: AVALIACIÓN DAS FUNCIÓNS EXECUTIVAS ESCALA DE AUTOCONCEPTO PIERS-HARRIS ESPECTRO AUTISTA. TEST INTERACTIVOS FONOAUDIÓLOGOS. TESTS DE AVALIACIÓN GUIA PORTAGE IDEA MALTRATO ENTRE COMPAÑEIROS PROBA DE ARTICULACIÓN DE FONEMAS PROBAS DE AVALIACIÓN INICIAL PROLEC PROBA DE CATEGORIZACIÓN ALOFÓNICA PROBA DE CONCIENCIA FONÉMICA PROBA DE AVALIACION MORFOSINTÁCTICA PROBA DE AVALIACIÓN DO FONEMA R PROBA DE LECTURA DE PALABRAS E PSEUDOPALABRAS PROBA DE MEMORIA FONOLÓXICA PROBAS PARA A AVALIACIÓN DA COMUNICACIÓN E A LINGUAXE ITPA ADAPTACIÓN DO TEST EN POWER POINT QCHAT. ANABEL CORNAGO SIGNOS DE ALERTA SOCIOGRAMAS TDAH. DSM IV TDAH. ESCALA MAGALLANES T...

PROBA DE AVALIACIÓN MORFOSINTÁCTICA

Imaxe
Na web de Gema Noreña atopei esta proba de avaliación da linguaxe infantil realizada por un grupo de traballo de profesoras especialistas en Audición e Linguaxe  no CPR de Avilés. Como a propia Gema di, esta proba está deseñada para avaliar de xeito estruturado e claro a  linguaxe infantil, partindo da práctica diaria. A través dela podemos determinar en que etapa do desenvolvemento da linguaxe se atopa o alumno e, a partir de aí, deseñar a intervención.  Para acceder á proba, pincha aqui

PROESCRI: PROBA DE AVALIACIÓN DOS PROCESOS COGNITIVOS NA ESCRITURA

Imaxe
PROESCRI é unha proba estandarizada para avaliar os  procesos cognitivos na escritura, pensada para alumnado de Primaria. Este instrumento editado polo Consejería de Educación do Goberno Canario inclúese dentro do Programa para la atención educativa al alumnado con altas capacidades e pretende analizar a competencia cognitiva na escrita en alumnos que, a pesar da súa condición intelectual, poidan estar presentando dificultades específicas de aprendizaxe na escritura. Pero, ademais, tamén serve como ferramenta de identificación das necesidades educativas do alumnado en xeral que poida requerir apoio educativo neste ámbito . A proba está formada por tarefas de distinta complexidade e avalía os procesos  motores, sintáctico, léxico e de planificación.  A estratexia que propón é descubrir cál é o proceso que presenta dificultades para tratar de  corrixilo. No documento inclúense: os baremos para cada curso escolar (de 1º a 6º); o ...