Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta condicions persoais ou de historia escolar

ALUMNADO CON NEAE POR CONDICIÓNS PERSOAIS OU DE HISTORIA ESCOLAR

Imaxe
Un alumno pode presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de condicións persoais ou de historia escolar cando manifesta dificultades na evolución das súas aprendizaxes e na adquisición de obxectivos e competencias por motivos de saúde, por pertenza a determinados grupos sociais ou minorías étnicas, por situacións socioculturais desfavorables, por escolarización desaxustada ou pola combinación de varios dos motivos mencionados. Ademais e ntre este alumnado podemos considerar: o alumnado en situación de absentismo, abandono escolar temperán e/ou desescolarización; o alumnado que precisa atención educativa hospitalaria e domiciliaria; o alumnado menor sometido a medidas de responsabilidade penal; o alumnado sometido a medidas de protección e tutela; o alumnado afectado por medidas de violencia de xénero e/ou acoso escolar; o alumnado pertencente a familias itinerantes; a atención educativa a xoves embarazadas. Nesta páxina atoparás información sobre: ALUMNADO PERTENCENTE ...