Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta avaliacion

ORDE DE AVALIACIÓN DE PRIMARIA

Imaxe
Orde do 20 de abril de 2016 pola que se regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Próxima publicación no DOG. Para acceder a ela, pincha na imaxe

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE PRIMARIA

Imaxe
Educación convoca para os días 27 e 28 de maio as probas de avaliación individualizada de 3º de primaria establecidas pola LOMCE. Avaliarase a competencia matemática así como a competencia en comunicación lingüística de xeito integrado en galego e castelán.  Segundo a información aportada pola Consellería, non se trata de medir os coñecementos do alumnado nas materias específicas, senón as súas destrezas nas áreas de comunicación lingüística e matemática. Trátase dunha avaliación similar as probas diagnósticas que xa se viñan facendo ata o de agora cos alumnos de 4º de Primaria. A proba non terá efectos no expediente académico do alumnado e servirá para mellorar a calidade educativa. Os resultados das probas son de uso interno dos docentes, do alumnado e das familias. En función destes resultados os equipos docentes artellarán plans individuais e colectivos para solventar as eivas que se detecten tanto a nivel xeral dun centro como a nivel particular...

OS SEGUIMENTOS TITORIAIS: PROPOSTA DE AXUDA PARA O ALUMNADO EN RISCO DE NON PROMOCIÓN

Imaxe
Excelente proposta de Miguel Ángel Valverde, do Blog Entre pasillos e aulas , dirixida ao alumnado que está en risco de non promoción. O obxectivo final deste programa é dar pautas para conseguir que aqueles alumnos que non obtiveron bos resultados na primeira avaliación, poidan, cando aínda é posible, reconducir a situación. A súa posta en práctica esixe do traballo conxunto e da implicación de alumnado, profesorado, familias e orientación. Para máis información: Seguimentos tutoriales , entrada do blog de Miguel Ángel Valverde Dossier PDF Vía La Botica del Orientador