Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta maltrato infantil

MALTRATO EMOCIONAL CARA UN NENO, NENA OU ADOLESCENTE

Imaxe
Infografía realizada polo Observatorio da Infancia en Andalucía no ano 2020. Nela exponse brevemente que é o maltrato emocional, visibilizando posibles condutas e interaccións destructivas cos menores que poden provocarlle danos psíquicos graves ou poñelos en risco de padecelo (Observatorio da Infancia en Andalucía, 2020).   Accede ao documento en PDF pinchando na imaxe En Galicia, para notificar posibles situacións de risco e maltrato a menores, existen as seguintes vías: Servizos Sociais do propio Concello. Consellería de Política Social e os seus respectivos Departamentos Teritoriais en cada provincia. Rexistro unificado de maltrato infantil: so para profesionais do ámbito educativo e policial ( https://rumi.benestar.xunta.es/ ). Liña de axuda á infancia 116 111 :  servizo permanente e gratuíto, onde hai profesionais que prestan asesoramento e notifican inmediatamente a situación aos servizos que corresponda Podes acceder a todos os teléfonos aquí .

PAUTAS PARA PREVIR O ABUSO INFANTIL

Dez pautas claras e efectivas para previr o abuso infantil e ensinarlle aos nosos fillos/as a detectar posibles situacións de abuso sexual, elaboradas por Nicolas Tupaz, redactor de @TrabHumanitario .  Fala abertamente co teu fillo/a sobre o seu corpo, ensínalle o nome de cada unha das súas partes e delimita cales son as súas zonas íntimas, ás que só el/ela pode ter acceso. Ensínalle que o seu corpo lle pertence e faille saber que ninguén pode tocalo sen a súa autorización.  Fálalle sobre o seu dereito para rexeitar un achegamento, unha caricia ou un bico co que senta incómodo/a, aínda que proveña dunha persoa próxima.  Nunca lle obrigues a bicar, abrazar ou sentar xunto a alguén se non quere. Desta maneira, tamén lle ensinas que pode negarse a expresar o seu afecto cara a outra persoa se non quere facelo. Axúdalle a distinguir as formas de tocar “boas” e “malas”. Explícalle a diferenza entre os distintos tipos de segredos: os segredos que se gardan entre amigos e os ...

GUÍA PARA A DETECCIÓN DO MALTRATO INFANTIL

Imaxe
A Guía para a detección de situacións de malos tratos á infancia é un documento que permite identificar posibles situacións de malos tratos e instrúe en como notificalas aos servizos de familia, infancia e menores coa finalidade de iniciar o proceso que permita verificar a existencia ou non de maltrato e, se o caso, emprender as accións oportunas para protexer ao menor adecuadamente. Para acceder á guía, preme AQUÍ