PASO A 1º DE PRIMARIA

Como sabedes, no centro acostumamos realizar unha reunión para falar do paso de Infantil a Educación Primaria. 
Con ela pretendemos acompañarvos nesta nova andaina, escoitar e, tentar de resolver, as posibles dúbidas que poidades ter.
Cremos que ter unha información adecuada evita medos, incertidumes e tensións que podedes, sen pretendelo, transmitir aos vosos fillos/as.


Na seguinte imaxe interactiva atoparedes  documentos e pautas con información, co fin de facilitar o coñecemento da nova etapa e a transición á mesma. 

Comentarios