Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

DESEÑO UNIVERSAL E APRENDIZAXE ACCESIBLE

Imaxe
Guía elaborada polo CEFIRE específico de educación inclusiva da Generalitat de Valencia con estratexias para facilitar a implementación dos principios do deseño universal nos procesos de aprendizaxe que permitan identificar posibles barreiras e na creación de contextos de aprendizaxe accesible.  

PREVENCIÓN, DETECCIÓN E INTERVENCIÓN EN CASOS DE IDEACIÓN SUICIDA NO ÁMBITO EDUCATIVO

Imaxe
Guía para centros escolares con pautas para a prevención do suicidio no ámbito educativo. E laborouna un Grupo de traballo integrado no Observatorio Aragonés pola Convivencia, baixo a   coordinación do Departamento de Educación do Goberno de Aragón. Como se pode ler na introdución do documento, este pretende poñer a disposición dos centros educativos unha ferramenta de información sobre a problemática do risco suicida na infancia e adolescencia, promover mecanismos de prevención e de protección e  proporcionar pautas de actuación claras e sinxelas que permitan a toma de decisións inmediatas . Pincha aqui para acceder ao documento Ademais a guía trata conceptos clave para comprender o problema, para identificar as crenzas erróneas sobre o suicidio, proporciona estratexias para detectar factores de risco e sinais de alerta no alumnado, así como determina as accións para previr o risco de suicidio e dá pautas de actuación para intervir no caso de ideación suicida dun alumno/a.

ESTRATEXIAS PROACTIVAS DE REGULACIÓN EMOCIONAL

Imaxe
Guía, elaborada pola Comisión Técnica de Traballo e Estudo da Área de Educación e Formación da Federación Autismo Madrid, con estratexias de enfrontamento ante as condutas desafiantes que presentan, en ocasións, as persoas con TEA. Tamén nos axuda a comprender estes comportamentos, así como ofrece apoios para establecer comportamentos máis axustados ao contexto no que viven desde un enfoque preventivo.