BENVIDOS AO COLE! INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NOVO INGRESO DE EDUCACIÓN INFANTIL
Benvidos ao cole! Como sabedes todos os anos realizamos varias actividades para preparar a entrada dos vosos fillos/as en Infantil. Unha delas é a reunión coas familias. Como este ano, debido á situación que estamos a vivir, non é recomendable realizala, queremos compartir convosco unha imaxe interactiva na que tendes información sobre a entrada ao cole e sobre a nosa escola. Espero que vos sexa de axuda!