CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
A Consellería de Traballo e Benestar organiza uns campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade. Permiten gozar, durante 10 días, dunha estancia socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa terra, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde. Esta actividade destínase as persoas que teñan recoñecida a condición de discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial. As datas dependen da idade do solicitante, posto que se lle asignará un grupo en función da mesma. O prazo de solicitude está aberto ata o 10 de xuño de 2015. Díptico informativo Modelo informe médico campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Modelo de solicitude Máis infor