Das TIC ás TAC
Cando xa controlábamos isto das TIC, aparecen no panorama educativo unhas novas siglas que ameazan con cambiar a perspectiva coa que nos enfrontamos ás tecnoloxías da información e comunicación. Desde vai un tempo, comézase a falar da escola das TAC, ou do que é o mesmo, das Tecnoloxías de Aprendizaxe e Coñecemento. Cando falamos de TIC estamos a facer fincapé na aprendizaxe da tecnoloxía. Incidimos na competencia dixital, na dotación de material, na inclusión para que todos teñan acceso a estes recursos. O maior interese ponse en que profesorado e alumnado dominen estas tecnoloxías, pero, ás veces, esquecendo a metodoloxía. Cando falamos das TAC estamos a facer fincapé en aprender a través da tecnoloxía. Como ben resume Jordi Vivancos de igual modo que a música non é o piano, as TAC non son a tecnoloxía, senón o que o profesorado fai con ela. É un feito que existe gran abundancia de ferramentas e recursos. Tamén é incuestionable que nós, como profesores, debemos estar ao ...