Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2012

INDICADORES PARA O DIAGNÓSTICO E ORIENTACIÓNS

Imaxe
No interesante blog Orientación Andújar atopamos un listado de materiais para o inicio de curso que poden ser moi útiles para responder ás demandas que, en moitas ocasións, acostuma a realizar o profesorado a principio de curso. Teñen a finalidade de dotar ao profesorado de instrumentos para detectar posibles dificultades. Entre outros podemos atopar indicadores para o diagnóstico e orientacións sobre os trastornos de espectro autista, trastornos de ánimo e psicóticos, trastornos do sono, trastornos da eliminación, outros trastornos (tics, movementos estereotipados, mutismo selectivo), problemas de conduta, disfuncións da percepción, disfuncións da atención, disfuncións da memoria, problemas de razoamento, trastornos do desenvolvemento psicomotor, trastornos da linguaxe oral, trastornos da linguaxe escrita, dificultades no cálculo, técnicas de estudio, altas capacidades, diabetes, epilepsia, alerxias, asma, síndrome de alport, síndrome de williams e síndrome de Prader Willi.

BECAS MEC PARA O ALUMNADO CON NEAE

Imaxe
O Ministerio de Educación publica hoxe no BOE unha resolución pola que se convocan axudas para o  alumnado con necesidade específica de apoio educativo no curso  académico 2012-2013. Estas axudas son para alumnos  con necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade, a trastornos graves de conduta, incluido o TDAH , e a altas capacidades intelectuais . Deben cumprir  os requisitos xerais e económicos especificados na resolución.   Para solicitalas debedes cubrir o formulario accesible en internet na dirección www.educacion.es ou na sede electrónica do MEC no apartado de trámites e servizos . O prazo de presentación vai desde o 10 de agosto ata o 25 de setembro de 2012. Tedes que entregar o modelo de solicitude, cuberto e asinado,  no centro educativo onde o voso fillo vai realizar os estudos no curso 2012-2013 ou ben, se tedes certificado electrónico,  na sede electrónica do MEC . Podedes acceder a unha información máis detallada no seguinte enlace: Ayudas

FAMILIAS GALEGAS

Imaxe
A Consellería de Traballo e Benestar puxo en marcha un servizo en liña de información e asesoramento destinado ás familias galegas. No portal podedes atopar guías de recursos para as familias, información sobre axudas sociais, prestacións económicas, trámites, información sobre a adxudicación de prazas escolares, información sobre residencias de tempo libre...  Ademais abórdanse aspectos relacionados coa mediación familiar e a mediación intraxudicial e, no menú principal, aloxa un Gabinete de Orientación Familiar (GOF), que proporciona información e asesoramento gratuíto, por parte de profesionais, ás familias que o demanden. Iso si nunca dá directrices concretas sobre  pautas de comportamento, habilidades.... Neses casos tentará poñer ás familias en contacto co servizo correspondente. Trátase dun serzo anónimo no que só temos que indicar o sexo, a idade e o correo electrónico onde  desexamos recibir a posible contestación. A continuación vos deixo o enlace ao portal por si