A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou un protocolo para a prevención e o control do absentismo en nos centros escolares. O seu obxectivo é regular e controlar a asistencia a clase do alumnado galego. A través de el intentanse establecer unhas pautas comúns de actuación e definir conceptos como que é absentismo, que documentos deben formar parte dun expediente de absentismo, que se considera unha falta de asistencia xustificada ou inxustificada, que modelos podemos utilizar para acreditar a ausencia, entre outros. Amais no protocolo, podemos encontrar unha serie de anexos, como modelos das convocatorias de reunión, das actas dos encontros coas familias, de notificación do expediente de absentismo, etc. Os anexos están en formato word co fin de que poidan ser modificados. Neste documento establécese que é o profesor titor o que debe realizar diariamente o control de asistencia e comunicar as faltas ás familias dentro d...