IMOS AO INSTITUTO: INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS E ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
O pasado 15 de xuño despedimos aos nosos alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria nunha fermosa e emotiva festa de graduación.
Nervios, tristura... pero tamén moita ilusión ante a nova etapa que comeza.
Nervios, tristura... pero tamén moita ilusión ante a nova etapa que comeza.
Desde o colexio, queremos acompañarvos na transición de Primaria a Secundaria, por iso, ao longo do 2º e 3º trimestre deste curso, levamos a cabo unha serie de actividades que forman parte do programa de transición a ESO, que se realiza conxuntamente co instituto ao que estamos adscritos:
- Visita do alumnado ao novo centro para coñecer as aulas, as instalacións etc.
- Reunión entre o equipo docente de 6º, a orientadora e a xefa de estudos do Instituto, co fin de coordinar o cambio de etapa.
- Charla no instituto dirixida ás familias coa finalidade de que obteñades toda a información que precisades (martes 27 de xuño, ás 19:00 horas).
Mentres tanto, deixámosvos información co fin de facilitar o coñecemento da nova etapa e a transición a Secundaria. Esperamos que vos sexa de axuda!
Desexarvos toda a sorte do mundo nesta nova etapa, chea de novos retos e descubrimentos! E recordade: sen cambio, non hai mariposa!!
Desexarvos toda a sorte do mundo nesta nova etapa, chea de novos retos e descubrimentos! E recordade: sen cambio, non hai mariposa!!
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas deixar o teu comentario