MENORES VIVINDO UNHA GUERRA
O Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid publica unha guía que pretende contribuír a minimizar o impacto psicolóxico da Guerra na infancia e adolescencia.
O documento ofrece pautas psicolóxicas ás familias, aos profesionais da educación e ao persoal que traballa con nenos/as e adolescentes para minimizar o impacto que están a sufrir pola invasión de Ucrania, así como pretende dotar de estratexias para coidalos e protexelos da mellor maneira posible.
Na primeira parte da guía preséntanse pautas específicas para explicar aos nenos/as o contexto no que viven ou do que foxen; os principais problemas que poden sufrir tras estar inmersos nunha guerra e pistas para recoñecer cando están a desenvolver condutas preocupantes e como actuar ante elas.
Na segunda parte infórmase das principais reaccións emocionais que poden presentar os nenos/as expostos a crudas imaxes nos medios en función da súa idade, danse pautas para xestionar o posible malestar psicolóxico dos seus fillos/as e introdúcense accións específicas dirixidas a xerar comportamentos prosociais nos nenos/as co fin de promover unha cultura de paz e solidariedade.
Para acceder á guía pincha na imaxe
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas deixar o teu comentario