Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL

Imaxe
O Plan de Benestar Emocional é un documento publicado pola Xunta que procura  previr posibles problemáticas derivadas da pandemia entre o alumnado, así como dotar  de ferramentas ao profesorado desde un enfoque pedagóxico, metodolóxico e sanitario. O plan propón pautas de observación para a detección de problemas de benestar emocional, así como ofrece modelos de intervención. Amais realiza unha proposta didáctica grupal de educación emocional con 24 actividades estruturadas a través de catro eixes:  Conecta, que favorece a creación de espazos de comunicación e escoita e a identificación das emocións propias e alleas. Respecta, dirixido a tomar conciencia dos novos cambios nos hábitos e relacións sociais derivadas da covid-19. Regula, que desenvolve aspectos relacionados coa regulación emocional e o afrontamento dos conflitos para aprender a tolerar a frustración e evitar situacións de estrés. Vive, para o fomento de actitudes positivas, sentimentos de gratitude e solidariedade co fin d

RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA O #11F, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Imaxe
Recompilación con algún recursos para traballar nas aulas  o Día da Muller e a nena na Ciencia! Data mediante a que se reivindica o acceso e a participación plena e en igualdade das mulleres e as nenas neste sector. Vídeo Celebra o 11F Vídeo Día Internacional da Muller e a nena na ciencia : vídeo que busca fomentar a participación das mulleres e as nenas nas actividades e institucións científicas.  "La primavera silenciosa" de Rachel Carson, vídeo divulgativo : o Museo de Ciencias Universidade de Navarra impulsou o proxecto “A muller na ciencia”, cuxo obxectivo é dotar ás nenas que queiran seguir unha carreira científica, de referentes femininos a través dunha serie de pequenos vídeos divulgativos coa biografía de científicas relevantes no seu campo pero que resultan descoñecidas para o público xeral. En concreto, este vídeo fala de Rachel Carson, pioneira do movemento ambientalista. Resolución do 22 de decembro de 2015 da Asemblea Xeral da ONU;  documento lexislativo a travé