SAMAÍN DE MEDO
Dentro duns días no noso cole pasarémolo "de medo" celebrando o Samaín. Pero con tanta cabaza, tantos esqueletos, tantos monstros e tantos sustos... a algúns nenos amedréntalle un pouco esta celebración. Así que, de novo dende a Comisión Pedagóxica do centro, recordámosvos que sería conveniente traballar o medo en todas as aulas, porque o medo non é só cousa de pequechos. Todos nós sentimos temor nalgunha ocasión. É unha emoción básica e natural que necesitamos para sobrevivir. Ter certo grao de medo, fainos ser precavidos Protéxenos dun perigo ou dunha ameaza real para a nosa integridade. Permite que nos poñamos en garda para tentar de facerlle fronte a unha situación. Pero hai outro tipo de medo que non nos preserva dos perigos, que non é util para nós. É un sentimento irracional que nos paraliza e non nos deixa disfrutar da vida cotián. Leva parello unha resposta desproporcionada ante un determinado estímulo e nos converte en prisioneiros, ...