Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2012

ENTENDER Y ATENDER AL ALUMNADO CON TDAH/TA

Imaxe
Recentemente o Departamento de Educación da Comunidade de Navarra regulou, a través dunha orde foral,  como debe ser o apoio que se preste ao alumnado con necesidades  específicas de apoio educativo debidas a Dificultades de Aprendizaxe ou a un Déficit de Atención e Hiperactividade. Nesta orde ínstase aos centros a incluir nos seus Plans de Atención á Diversidade como vai ser o apoio que require o alumnado con estas necesidades e a especificar nun plan de apoio específico as posibles adaptacións que se tomen a nivel curricular ou de avaliación. Por este motivo, o  Departamento de Educación do Goberno de Navarra publicou unhas guías para o profesorado, co fin de proporcionarlle unha información que lles permita "atender e entender" ao alumnado con Trastorno de Aprendizaxe ou con Déficit de Atención e Hiperactividade.  Nestes  documentos poderedes atopar información e pautas de actuación ante estas necesidades educativas de apoio específico.  Que sexa benvida esta nova

COMUNIDAD TDAH

Imaxe
Nace Comunidad TDAH  , unha publicación multidisciplinaria do Grupo Editorial Sanitaria. Ten un formato dixital e  unha periodicidade mensual. Está destinada a aquelas persoas interesadas no mundo do Trastorno de atención con hiperactividade. Pretende ser un punto de encontro entre pacientes, familiares, profesionais e axentes implicados no TDAH. Un lugar onde teñan cabida as novidades e a información máis relevante sobre este trastorno, así como as posibles implicacións que poida  ter en todos os ámbitos coa finalidade de conseguir mellorar a calidade de vida das persoas que teñen TDAH e dos seus familiares e de axudar aos profesionais que traballan nese ámbito. A continuación vos deixo un enlace á páxina web

MIS PRIMEROS PASOS HACIA LA AUTONOMÍA

Imaxe
Este é o nome da nova publicación de Down España e a Fundación Pelayo. É unha guía, presentada en Málaga o pasado 23 de xullo, que pretende fomentar a autonomía dos nenos con síndrome de Down desde o seu nacemento, así como incidir na importancia que ten a estimulación temperá para acadar o máximo desenvolvemento das capacidades das persoas que teñen este síndrome. É importante que a atención temperá comece desde os primeiros días e se manteña ata os seis anos pois está comprobado que mellora o desenvolvemento de todas as capacidades da persoa tanto na infancia como na vida adulta. Ademais os beneficios da atención temperá tamén inclúen á familia do neno con síndrome de Down, posto que lles axuda a superar o impacto emocional inicial e lle ofrece pautas e  información que lle permiten enfrontarse mellor á educación dos seus fillos. Para descargar a guía, pincha aqui   

DIME QUE ME QUIERES

Imaxe
"El día que ya no esté, no necesitaré nada. No quiero nada a título póstumo. Por eso, he pensado que los homenajes, las flores, los premios, los halagos, las frases bonitas, los agradecimientos y un poco de tu tiempo, los necesito ahora". Así comeza o anuncio con que unha coñecida marca de refrescos e a Asociación Mensajeros de la Paz  conmemora o día 26 de xullo no que se celebra o Día dos Avós en España. Con este spot queren reivindicar o importante papel dos nosos maiores na sociedade e pretenden concienciar á sociedade respecto á figura dos avós para que se lles valore e reciban o respecto do seu entorno que se merecen Desde o noso blog unímonos á conmemoración e dedicamos esta entrada a todos os avós e avoas.  Querémosvos e sodes unha parte importante das nosas vidas!

Informática para Educación Especial: Actualización importante del comunicador AraBoard....

Imaxe
Unha nova e interesante entrada no blog Informática para Educación Especial   que nos alerta dunha importante actualización do comunicador AraBoard que incorpora melloras nas súas versións (PC e Android). É necesario descargar os ficheiros da versión PC e actualizar a versión para Android Aproveito ademais para informarvos de que o Portal Aragonés de la Comunicación Aumentativa y Alternativa ARASAAC   xa dispón  de páxina en Facebook   na que poderemos acceder a toda a información sobre recursos gráficos, materiais, ferramentas e proxectos contidos no portal

La tribu de los superpapás: De oca en oca...

Imaxe
No blog Accesibilidad e inclusión atopei esta "Oca de acciones" adaptada cos pictogramas de Arasaac. Realizouna Rocío Sotillos, unha "mamá que convive co autismo e con moitas cousas máis", autora do blog La tribu de los superpapás. A continuación vos deixo o enlace a esta entrada do blog de Rocío, que vos explica como xogar e permite descargar o taboleiro en tamaño orixinal. Espero que pasedes bos ratos con esta creativa adaptación do tradicional xogo de mesa. La tribu de los superpapás: De oca en oca...

E VAN SETE!

Imaxe
Como era de esperar toca unha nova lei orgánica de educación. E é que, desde que vivimos en democracia, nunca se aprobou unha lei educativa por consenso. Así que todos os programas do partido na oposición sempre van cargados de futuras intencións cos cambios que se van producir nas leis educativas si é que eles chegan a gobernar. A LGE, que se aprobou antes da democracia e durou dúas décadas, a LOECE, a LODE,  a LOGSE, a LOPEG, a LOCE, que non chegou a entrar en vigor, e  a LOE, que conlevou a derogación doutras leis anteriores, aínda que non da LODE, son mostra do profundo debate que suscita o tema da educación no noso país. Así que non é de estranar que o novo goberno propoña unha nova lei orgánica de educación: a LOMCE (Lei Orgánica de Mellora na Calidade no Ensino), que promete ser o centro de duros debates. Aínda que se trata dunha nova lei, aboga por vellas propostas, así que non é raro que algunhas das críticas que se lle podan realizar a esta lei, e que

DÍA INTERNACIONAL DO TDAH EN INTERNET

Imaxe
  A especial conmemoración deste día en internet ten o obxectivo de que a poboación tome conciencia das necesidades que poden presentar os afectados con TDAH e as súas familias. Aínda que por unha parte, etiquetar a un neno movido como hiperactivo é moi habitual, por outra banda é bastante frecuente que os nenos con déficit atencional con ou sin hiperactividade pasen desapercibidos, non teñan un diagnóstico correcto ou que sexan cualificados de vagos e maleducados. Un 6% dos nenos españois entre seis e dezaseis anos están diagnosticados cun Trastorno por Déficit de Atención con ou sin Hiperactividade. Sen embargo, os expertos reclaman un mellor diagnóstico, pois denuncian que algúns deles non están valorados correctamente, mentres que outros ven demorado o diagnóstico no tempo. Cando os nenos non son debidamente diagnosticados e tratados, o trastorno pode complicarse máis, ser máis difícil de resolver e ter consecuencias na idade adulta. Hai que ter en conta que a valorac

FRENA O RUMOR

Imaxe
Frena el Rumor é o nome da guía publicada polo Goberno vasco que ten o propósito de eliminar as falsas percepcións que, ás veces se teñen, contra as persoas inmigrantes. Son numerosas as ocasións nas que se engloba a todo un colectivo de persoas cunhas características únicas e diferentes baixo unha mesma etiqueta que parece definilas totalmente: autista, síndrome de Down, inmigrante... Esta guía pretende loitar contra os prexuízos que ás veces temos contra un grupo de persoas que se ven obrigadas a iniciar unha nova vida nun país alleo. Moitas veces aceptamos certas ideas como verdades inamovibles, o que nos impide ver a realidade tal como é. Se queremos conseguir unha boa convivencia  é necesario aprender a non discriminar, a perder o medo ao que é diferente. Este é un dos obxectivos deste manual que, como din os seus autores, pretende ofrecer información onde existe descoñecemento, suxerir perspectivas de análise distintas e introducir elementos de dúbida en plantexamentos r

TECNOLOXÍAS PARA O AUTISMO, FERRAMENTAS, TENDENCIAS E TESTEMUÑAS

Imaxe
O pasado fin de semana tivo lugar en Valencia  o Congreso Internacional de Tecnologías para el Autismo (ITASD), organizado pola  Fundación Orange, a Fundación Adapta e Autism Speaks. Aínda que debe ser moi difícil resumir todo o que alí se abordou, aqueles que non puidemos asistir temos o consolo de poder acceder ao resumo das ponencias. Pincha no enlace