Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta atencion a diversidade

ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO SEGUNDO A LOMLOE

Imaxe interactiva cos novos tipos de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo segundo a LOMLOE. Así mesmo inclúense as posibles medidas de atención á diversidade que indica a Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

GUÍA DE ALTAS CAPACIDADES NO CONTEXTO ESCOLAR

Imaxe
Documentado editado pola Consejería de Educación del Principado de Asturias no ano 2019 con pautas de intervención para familias e profesorado. Pretender dar a coñecer as características máis salientables de este alumnado, así como dotar de estratexias ás familias e aos docentes ante as posibles necesidades que se poidan presentar. Pincha na imaxe para acceder ao documento

ORIENTACIÓNS PARA O USO DA TECNOLOXÍA NA DOCENCIA

Imaxe
Guía elaborada por Antonio Márquez e Mábel Villaescusa que pretende recoller a demanda dos equipos docentes ante a necesidade de coñecer e usar ferramentas tecnolóxicas, así como axudarlles a impartir as súas clases de xeito equitativo.

GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO EDUCATIVO

Imaxe
 Preme na imaxe para acceder ao documento

PROTOCOLOS DE INTERVENCIÓN COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Imaxe
  Entrada que recompila os distintos protocolos de intervención publicados pola Xunta de Galicia (Actualizado 16/11/2022)

PROTOCOLO PARA A INTERVENCIÓN PSICOEDUCATIVA DA DISLEXIA E/OU OUTRAS DIFICULTADES ESPECÍFICAS PARA A APRENDIZAXE

Imaxe
A Consellería de Educación publicou un novo protocolo, neste caso trátase do Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras dificultades específicas de aprendizaxe Preme na imaxe para acceder ao mesmo

PROTOCOLO DE ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO CON ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

Imaxe
Protocolo de atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais , publicado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Segundo se explica no propio documento, o texto consta de nove epígrafes, empezando pola introdución. Na segunda epígrafe reseña a inclusión educativa, principio do sistema educativo que garante a equidade e normaliza a diversidade. Na terceira epígrafe ofrece información clave sobre o concepto das altas capacidades  intelectuais e fai referencia aos mitos que seguen a existir sobre este alumnado. Na cuarta epígrafe desenvólvese o proceso de identificación do alumnado con altas capacidades. Na quinta abórdase a intervención educativa e bríndanse orientacións ao centro educativo, á aula e apórtanse unha serie de medidas educativas ordinarias e extraordinarias dirixidas ao alumnado con esta condición desde unha perspectiva inclusiva, así como dánse pautas ás familias do alumnado e indicacións para a avaliación curricular e seguime...

GUÍA BREVE SOBRE O SÍNDROME DE ASPERGER (TRASTORNO DE ESPECTRO AUTISTA)

Imaxe
A Asociación Asperger Granada  editou unha interesante guía sobre o Síndrome de Asperger, realizada pola psicóloga da asociación Tamara García Lázaro . Nela abórdase que é o síndrome de Asperger, as súas características principais, pautas de actuación segundo  a idade da persoa con este síndrome e varios aspectos que poden resultar de interese. Para acceder á guía pincha aquí Vía: La botica del orientador

GUÍA PARA ENTENDER A DISLEXIA

Imaxe
Nova guía actualizada sobre esta condición neurobiolóxica, realizada por Madrid con la dislexia  coa colaboración de Julián Palazón López , que participou na revisión do documento. Está enfocada ás familias e aos profesionais da educación. Para acceder a ela, pincha na imaxe.

PROTOCOLO PARA A ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO CON DISCAPACIDADE AUDITIVA

Imaxe
Protocolo para a atención educativa do alumnado con discapacidade auditiva publicado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria . Ofrece información clave sobre a perda auditiva,  sobre o proceso de detección e diagnóstico e sobre a intervención educativa, describindo  as necesidades educativas do alumnado con discapacidade auditiva, as   medidas educativas para atender este alumnado e a planificación da intervención educativa a nivel de centro, de aula e na familia.  Tamén ofrece orientacións para o emprego dos distintos recursos e axudas técnicas,   así como pautas para a sensibilización da comunidade educativa,  a avaliación do alumnado con discapacidade auditiva e bibliografía sobre o tema.

GUÍA METODOLÓXICA SOBRE DIFICULTADES DE APRENDIZAXE

Imaxe
Guía editada pola Consellería de Educación da Rexión de Murcia que ofrece ao profesorado e ás familias que teñen nenos/as con dificultades específicas de aprendizaxe, estratexias e recursos para poder axudar a estes nenos/as a aprender dun xeito o máis cercano posible ao seu verdadeiro potencial de aprendizaxe. Pincha na imaxe para acceder ao documento

GUÍAS SOBRE DIFICULTADES ESPECÍFICAS

Imaxe
Guía sobre Dificultade Específica da Aprendizaxe da Lectura para a Comunidade Educativa e anexo con orientacións para as familias , editadas pola Consellería de Educación da Generalitat Valenciana. Guía sobre Dificultades Específicas na Linguaxe e Comunicación para a Comunidade Educativa

GUÍA ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

Imaxe
Guía de Altas Capacidades orientada á comunidade educativa editada pola Consellería de Educación da Generalitat Valenciana.

GUÍAS TDAH PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Imaxe
Guías sobre TDAH editadas pola Consellería de Educación da Generalitat Valenciana. TDAH: Guía para a comunidade educativa TDAH: Guía para a atención educativa nos ciclos formativos de Grao Medio

GUÍAS TRASTORNO DE ESPECTRO AUTISTA PARA A FAMILIA E A COMUNIDADE EDUCATIVA

Imaxe
Interesantes guías editadas  pola Consellería de Educación da Generalitat con información e recursos de interese para a familia e a escola TEA:  Guía para as familias  TEA: Guía para a comunidade educativa

GUÍA DE ENSINANZA DO INGLÉS PARA ALUMNADO CON DISLEXIA E OUTRAS DEA

Imaxe
A Comunidade de Murcia editou a Guía de ensinanza do inglés para alumnado con dislexia e outras DEA . Nela pode encontrarse información xeral sobre a dislexia e como detectala,  orientacións metodolóxicas e técnicas para traballar o vocabulario e as catro destrezas principais: listening, speaking, reading e writing.  Tamén aborda a avaliación e dá pautas para elaborar adaptacións curriculares e plans de traballo individualizado. Así como ofrece exemplos de actividades e bibliografía sobre o tema.  Fonte: Portal Educarm

GUÍA EDUCATIVA DO TANV

Imaxe
A Asociación Nacional de afectados por el Trastorno d e Aprendizaje No Verbal  publicou este documento co obxectivo de ampliar o coñecemento sobre este trastorno col fin de poder comprendelo mellor e de que as persoas con TANV reciban na escola a atención específica que precisan. Neste documento poderedes encontrar información sobre que é o TANV, a súa sintomatoloxía e manifestacións, as súass posibles repercusións escolares, sobre a avaliación psicopedagóxica, a resposta educativa e información para as familias. Para acceder á guía, pincha na imaxe. FONTE: TANV ESPAÑA Asociación Nacional Afectados por el Trastorno de Aprendizaje No Verbal

GUÍA 2018 PARA RETRASO DEL LENGUAJE Y TEL

Imaxe
Guía para la orientación educativa del alumnado con retraso en el lenguaje y trastorno específico del lenguaje (TEL), publicada por el Equipo Técnico Provincial de Orientación Educativa y Profesional de la Delegación Territorial de Almería  en Febrero de 2018. En ella puedes encontrar: Qué son los retrasos del lenguaje (RL) y los trastornos específicos del lenguaje (TEL). Características evolutivas de los Trastornos del Lenguaje. Medidas educativas para el alumnado con dificultades de lenguaje (RL Y TEL). Pruebas Psicopedagógicas.  Bibliografía. Para acceder a ella, pincha en la imagen.

MANUAL DIDÁCTICO PARA LA INTERVENCIÓN EN ATENCIÓN TEMPRANA EN TEA

Imaxe
La Federación Autismo Andalucia , en colaboración con la Consejería de Salud, ha editado este manual didáctico con información útil para profesionales y familiares de menores con trastorno de espectro autista.  Recoge una revisión de los modelos de intervención, una descripción del trastorno desde la perspectiva actual; así como aspectos relacionados con su detección y diagnóstico o con la evaluación e intervención en diferentes áreas del desarrollo.

ALUMNADO CON RETRASO EN EL LENGUAJE Y TRASTORNO ESPECÍFICO DEL LENGUAJE

Imaxe
El pasado mes de febrero de 2018,  el Equipo Técnico Provincial de Orientación Educativa y Profesional Delegación Territorial de Almería publicó una guía para la orientación educativa del alumnado con retraso en el lenguaje (RL) y Trastorno Específico del Lenguaje (TEL). En este documento puedes encontrar las principales características de ambos trastornos, sus características evolutivas, así como las medidas educativas más indicada para estos alumnos/as y las pruebas psicopedagógicas recomendadas. Para acceder al documento, pincha aquí o en la imagen