Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2012

ACTIVIDADES PARA MELLORAR A PRESIÓN DO LAPIS

Imaxe
Unha das habilidades necesarias para a escritura é executar unha adecuada presión sobre os instrumentos gráficos. Ás veces nos atopamos con que os nenos exercen demasiada presión e se cansan en seguida ou, pola contra, apenas realizan forza, polo que a súa grafía se ve deteriorada. A continuación presentamos unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a presión e agarre dos instrumentos de escritura.  Non se trata dun listado exhaustivo, pero si están moitas das que axudan a mellorar a presión notablemente. É importante procurar realizalas dun xeito regular e nunca durante máis de trinta minutos. Se nese espazo de tempo, non rematan a tarefa proposta, podemos deixala para outro día. É conveniente que sempre propoñamos unha meta que xustifique a realización da actividade, deste modo incrementaremos a motivación cara a tarefa proposta. Hai unha serie de actividades especialmente indicadas para traballar os problemas de presión: Recortar

XOGOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Imaxe
Interesante blog cunha recompilación de xogos, materiais e enlaces de atención temperá. Resulta moi práctico porque podemos acceder a todos eles desde a mesma páxina

DOCUMENTOS ORGANIZATIVOS E PEDAGÓXICOS DO CENTRO

Imaxe
Este curso toca revisión de parte dos Documentos Pedagóxicos e Organizativos do centro. A continuación tendes a base lexislativa, que existe ata o momento, para a súa realización nun centro de Educación Infantil e Primaria. Aínda que algúns documentos teñen que estar referenciados no PEC, preséntanse por separado para facilitar a tarefa das distintas Comisións de Traballo. LOE . Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación Decreto374/1996 , do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG 21-10-96. Corrección de erros DOG 06-11-96 e DOG 08-01-97) Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG. 02-09-97) PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO Artigo 121 da Lei Orgánica 2/2006 , do 3 de maio, de Educación Artigo 21 da Lei 11/2007 do 27

A MÚSICA NA ESCOLA

Imaxe
Parece ser que, segundo o preámbulo do anteproxecto da nova lei de educación (LOMCE), practicamente se eliminará  a música do currículo. Catalogar esta asignatura como "non prioritaria" amosa  o descoñecemento dos nosos gobernantes cara os beneficios que aporta na formación integral do alumnado. A continuación, deixovos o enlace a un artigo que explica todo o que aporta esta materia ás distintas dimensións  persoais: intelectual, social, emocional e psicomotriz ¿Qué aprendemos en clase de música? | Nuevas tecnologías aplicadas a la educación | Educa con TIC

TÉCNICAS DE RELAXACIÓN NA AULA

Imaxe
  Atendendo unha petición do  profesorado de 1º ciclo de Primaria, deixo uns enlaces relacionados coas técnicas de relaxación na aula. Creo que son moi aproveitables tanto para o profesorado como para as familias e seguen a tendencia que os últimos estudios están a poñer de manifesto: a relaxación na escola mellora o rendemento académico dos estudiantes. Parece ser que estas prácticas contribúen a que o alumnado obteña un maior aproveitamento das sesións escolares. Cando o alumnado está máis calmado, atópase nunha mellor disposición mental que lle permite centrarse máis no seu traballo e conseguir que o seu esforzo sexa máis creativo.   ENLACES Programa Treva : Técnicas de Relaxación Vivencial Aplicadas ao Aula Educar para la calma . Experiencia formativa de Relaxación Aplicada ao Aula, por Luis López González Procedimento de relaxación muscular de Koeppen : traducción e adaptación por parte do equipo Cinteco Xogos de relaxación : libro

SEIS ESTRATEXIAS PARA CREAR LECTORES ÁVIDOS

Unha presentación con pautas para facer do teu fillo un lector voraz 6 ESTRATEGIAS para crear lectores/as ávidos/as on Prezi

MATERIAIS PARA TRABALLAR A COMPETENCIA LINGÜÍSTICA

Imaxe
Nesta entrada podedes atopar unha serie de enlaces para traballar a competencia lingüística na aula. Existen multitude de páxinas dedicadas a este tema. A continuación se presentan algunhas con propostas e recursos interesantes. Espero que vos sexan de utilidade Competencia lingüística en todas las áreas Propostas didácticas para primaria de Bego Iturgaitz e Pilar Etxebarría Enseñar a comprender Webcast de formación de aprendizaxe e ensinanza da lectura La competencia comunicativa en el aula de primaria Tarefas e materiais elaborados por un grupo de traballo do C.F.R. de Oviedo. Asesoría de primaria Recursos de lengua Multitude de enlaces sobre a ensinanza da lectura e da escritura 100 propuestas para mejorar la competencia lingüística Obra realizada polo Departamento de Primaria de Santillana Actividades para desarrollar la competencia lingüística Lectura matemática: 1º ciclo , 2º ciclo , 3º ciclo Actividades propostas por Nuria Dome