Unha das competencias básicas que debe adquirir o alumnado é a de aprender a aprender. Si un alumno acada esta competencia será quen de adquirir o coñecemento dun xeito autónomo, terá conciencia da súa propia capacidade e das estratexias que debe desenvolver para aprender. Para adquirila é fundamental estar motivado cara a aprendizaxe e saber utilizar adecuadamente as técnicas de estudio. As técnicas de estudio son tarefas que realiza o alumnado cando estuda, como por exemplo explorar o texto, lelo, repetir, subliñar, resumir, esquematizar... Estas accións chegan a formar parte da súa rutina de traballo. Mediante as técnicas de estudio podemos crear un hábito e mellorar os resultados do alumnado. É moi importante traballalas desde o principio, co fin de conseguir que os nosos alumnos as empreguen para acadar os seus obxectivos dun xeito autónomo. Cando un alumno é quen de seleccionar que técnica debe usar ante unha tarefa determinada, é dicir, sabe como afrontar unha tarefa,...