Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

GUÍA: AS FAMILIAS NAS AULAS

Imaxe
Nova edición actualizada, en maio de 2019, da guía Las familias en las aulas, editada pola Federación Estatal de Lesbianas , Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB ) sobre diversidade familiar  Aborda a existencia de distintos tipos de familias: tradicionais,  homoparentais, monoparentais, de proxenitores separados, reconstituidas, adoptivas, acolledoras e multiétnicas.  Ofrece novos recursos ao profesorado para traballar este tema nas aulas desde Educación Infantil ata Educación Secundaria. Aporta contenidos de diversa índole: teóricos, orientacións, recursos lúdicos e audiovisuais, etc. Como explica Juan Andrés  Teno ( @jateno_ ), coordinador do grupo de familias FELGTB, esta guía ten a súa razón de ser porque "por un lado, todos os menores teñen dereito a que a súa realidade familiar estea reflectida na formación que reciben nas aulas e, polo outro, o conxunto do alumnado ten a necesidade de saber cal é a multiplicidade do feito familiar máis aló dos casos particulares que c

PAUTAS PARA PREVIR O ABUSO INFANTIL

Dez pautas claras e efectivas para previr o abuso infantil e ensinarlle aos nosos fillos/as a detectar posibles situacións de abuso sexual, elaboradas por Nicolas Tupaz, redactor de @TrabHumanitario .  Fala abertamente co teu fillo/a sobre o seu corpo, ensínalle o nome de cada unha das súas partes e delimita cales son as súas zonas íntimas, ás que só el/ela pode ter acceso. Ensínalle que o seu corpo lle pertence e faille saber que ninguén pode tocalo sen a súa autorización.  Fálalle sobre o seu dereito para rexeitar un achegamento, unha caricia ou un bico co que senta incómodo/a, aínda que proveña dunha persoa próxima.  Nunca lle obrigues a bicar, abrazar ou sentar xunto a alguén se non quere. Desta maneira, tamén lle ensinas que pode negarse a expresar o seu afecto cara a outra persoa se non quere facelo. Axúdalle a distinguir as formas de tocar “boas” e “malas”. Explícalle a diferenza entre os distintos tipos de segredos: os segredos que se gardan entre amigos e os segredos incóm