Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2018

PROTOCOLO PARA A ATENCIÓN EDUCATIVA DO ALUMNADO COA SÍNDROME DE DOWN E/OU DISCAPACIDADE INTELECTUAL

Imaxe
Protocolo para a atención educativa do alumnado coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual , publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e elaborado por un grupo interdisciplinario constituido a tal efecto. Neste documento podes atopar información sobre: que é a Síndrome de Down;  orientacións no proceso de escolarización do alumnado coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual; pautas para a organización interna do centro co fin de ofertar unha axeitada resposta educativa; orientacións metodolóxicas e de aula;  medidas curriculares desde a perspectiva do deseño universal para a aprendizaxe;  orientacións sobre a avaliación e seguimento do alumnado; orientacións de colaboración coas familias e aspectos a ter en conta para a sensibilización da comunidade educativa en prol dunha cultura inclusiva. Se queres acceder ao documento, pincha aquí . FONTE: Páxina da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitar

TDAH E TERAPIA OCUPACIONAL

Imaxe
Primeira  publicación da  Consellería de Política Social  e da  Fundación Ingada  dentro da  Colección Convivir co TDAH . Neste documento podedes atopar información e recomendacións sobre  o TDAH desde a disciplina de terapia ocupacional co obxectivo de mellorar o funcionamento das persoas diagnosticadas e as súas familias, así como servir de axuda para outros profesionais en contacto co colectivo. A guía estructurase en cinco apartados diferenciados: un primeiro capítulo sobre terapia ocupacional e TDAH e outros catro organizados en base ao modelo de Williams y Shellenberger (1994), que contempla o desenvolvemento humano como unha estrutura piramidal. Ao longo deses capítulos describiranse os diferentes niveis  segundo a mesma e as problemáticas que para cada nivel pode presentar unha persoa cun diagnóstico de TDAH. TDAH e terapia ocupacional , versión en galego TDAH y terapia ocupacional , versión en castelán