Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

O PAPEL DAS FAMILIAS NA PROMOCIÓN SAUDABLE DE VIDEOXOGOS E DISPOSITIVOS MÓBILES EN ESTUDIANTES

Imaxe
A Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais (CEAPA) ven de publicar unha guía con pautas para ensinar aos fillos/as o bo uso dos videoxogos e dos dispositivos móbiles. Todos somos conscientes do oco cada vez máis importante que atecnoloxía ocupa na vida dos nenos/as e adolescentes, mais tamén do risco que supón un uso inadecuado das Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC), especialmente nesas etapas do desenvolvemento. Por ese motivo é fundamental que as familias acompañen e eduquen aos seus fillos/as nun uso responsble e saudable das TIC. Nesta guía atoparás varios apartados que tocan temas como: o uso adecuado dos videoxoogos e móbiles, os seus riscos e beneficios e consellos para facer un bo uso delas. Podes acceder ao documento a través deste enlace

PRIMEIROS AUXILIOS PEDAGÓXICOS

Imaxe
Primeros auxilios pedagógicos é unha guía publicada por UNICEF con ferramentas para as familias que vos permitan acompañar aos vosos fillos/as na realización das actividades escolares na casa. Para acceder ao documento, preme no enlace Que podes atopar nesta guía? Ideas para deseñar rutinas adaptadas ás necesidades da familia. Orientacións para recoñecer como aprenden os teus fillos/as. Ferramentas para o manexo das emocións. Xogos e actividades para facer en familia e educar desde casa. Orientacións para manter unha comunicación efectiva cos teus fillos/as. Actividades prácticas para apoiar aos teus fillos/as coa ensinanza da lectura, escritura e matemáticas.

LEI ORGÁNICA DE MODIFICACIÓN DA LOE (LOMLOE)

Imaxe
O martes 19 de xaneiro entrou en vigor a Lei Orgánica de Modificación da LOE (LOMLOE), tamén coñecida como Lei Celaá, despois da súa publicación no Boletín Oficial do Estado o día 30 de decembro de 2020. A nova lei trae consigo unha serie de cambios e medidas. Na etapa de Infantil e Primaria destacan as seguintes:  A etapa de educación infantil segue a ter carácter voluntario, mais o primeiro ciclo (0 a 3 anos) deste período  pasa a considerarse educativo e non meramente asistencial. Os centros que o impartan deberán cumprir uns requisitos mínimos e elaborar unha proposta pedagóxica para poder impartir  o primeiro ciclo desta etapa. Resáltase a condición compensadora do Ensino Infantil ante posibles contextos desfavorecidos. Incorpórase aos  principios pedagóxicos dos centros o respecto á específica cultura da infancia. En Educación Primaria recupérase a organización en tres ciclos  de dous cursos. As asignaturas redúcense a obrigatorias e optativas. Reordénanse as áreas de coñecement

ANUNCIO DO INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

Imaxe
Na páxina web da xunta publícanse, de acordo coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, os formularios de solicitude de reserva de praza nos centros de adscrición. O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, deberá presentar no centro de orixe o modelo que se publica entre os días 11 de xaneiro e  8 de febreiro, ambos incluídos. No noso caso, aqueles alumnos de 6º curso de Educación Primaria, que pretendan iniciar os seus estudos da ESO no IES "Lauro Olmo" deberán cubrir o impreso de reserva de praza e entregalo no colexio antes do día 8 de febreiro. Anexo I Anexo I bis MÁIS INFORMACIÓN: PÁXINA WEB DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

POR UN XOGO IGUALITARIO E NON VIOLENTO

Imaxe
Campaña da Deputación de Pontevedra para invitar á reflexión desde unha perspectiva non violenta e coeducativa sobre a adquisición de xogos, xoguetes e agasallos que mercamos aos nosos nenos e nenas. Podes acceder ao documento aquí

DECÁLOGO POR UN XOGO IGUALITARIO E NON VIOLENTO

Imaxe
Quixera compartir convosco un interesante material da campaña  de adquisición e uso de xoguetes non sexistas e non violentos que realiza a Deputación de Pontevedra desde o ano 2015. Pretende concienciar á sociedade e tamén aos Reis Magos de que elixan xoguetes desde a cultura de paz, adoitando ademais unha perspectiva coeducativa e igualitaria . Descarga o documento aquí Os xoguetes non teñen sexo, non son   per se   nin de nenos nin de nenas, por iso debemos procurar que lles axuden a desenvolver as súas capacidades e que non limiten as súas preferencias en función do seu sexo. Calquera iniciativa que fomente unha sociedade sen xenofobia e violencia e que loite pola igualdade entre xéneros é benvida!

GUÍA AIJU 2020-2021

Imaxe
Esta Guía pretende ser un instrumento de axuda ao consumidor, que analiza a información desde o punto de vista experto, familiar e evolutivo do propio neno/a. Para facilitar a súa localización e a súa consulta, os xoguetes recomendados na guía están divididos segundo o tramo de idade. Se queres vela, preme na imaxe. Se prefires a guía en formato dixital, preme aqui