Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2012

HÁBLAME DE TI

Imaxe
Na web aula intercultural atopei un interesante material pensado para traballar na aula a interculturalidade tanto en Educación Infantil como nos primeiros cursos de Primaria. Chámase   Háblame de ti  e  é unha publicación do ano 2002 do Instituto de la Mujer en colaboración co Instituto de Migraciones y Servicios Sociales. O seu obxectivo é dar a coñecer as diferenzas entre as distintas culturas que conviven nas nosas aulas co fin de fomentar unha conduta de aceptación e valoración ao diferente por parte do noso alumnado. Consta de varios cadernos que vos deixo a continuación. Parte I  (China) Parte II (etnia xitana, Guinea Ecuatorial, Marrocos) Parte III  (Rumanía, Ecuador) Parte IV  (España)

ARABOARD 2.0

Imaxe
Desde a páxina de ARASAAC seguen empeñados en facilitarnos as cousas.  Este infatigable equipo acaba de sacar unha nova versión 2.0. de Araboard para PC e Android. Así que estamos de sorte!. Si xa estabamos contentos coa versión anterior, agora  podemos engadirlle novas e interesantes funcións que permiten personalizar máis os taboleiros: Posibilidade de sacar fotos desde a webcam do PC ou da cámara do smartphone e insertalas no taboleiro. Posibilidade de grabar a nosa voz a través do micrófono ou de cargar arquivos mp3. Posibilidade de convertir os taboleiros de comunicación a formato PDF e, incluso, de imprimilos. Para descargar a versión PC, pincha no enlace . En canto a versión Android, debes descargala a través de Play Store. Si queredes consultar o manual, aqui vos deixo as primeiras entradas: manual I , manual II e manual III , manual IV , manual V , manual VI Si queredes información máis detallada, premede no enlace do blog de J.M. Marcos: Informática para Educació

PICTOGRAMAGENDA

Imaxe
No blog I nformática para Educación Especial atopei PictogramAgenda . É  unha excelente aplica ción informática, realizada por Lorenzo Moreno. Sirve para xerar e usar axendas visuais en terminais baseados  no sistema operativo Android e  utiliza pictogramas de   ARASAAC. Como sabedes, as axendas visuais son un excelente recurso para as persoas con Trastornos do Espectro Autista posto que lles axudan a anticipar e comprender as situacións. A partir de agora tamén   poderán acceder a elas desde un teléfono móbil ou desde unha tablet. No enlace á páxina do seu creador atoparedes máis información.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS XORDAS

Imaxe
O  24 de setembro de cada ano celébrase o   Día Internacional das Persoas Xordas .  É un día no que este colectivo reivindica os seus dereitos , tenta fomentar a integración  e sensibilizar á sociedade sobre as súas necesidades , dificultades e sobre a súa lingua. Desde este blog queremos facer a nosa pequena contribución. A continuación déixovos o enlace a páxina de discapacidade auditiva e este fermoso vídeo da serie Glee. Alumnado con discapacidade auditiva GLEE : IMAGINE

BANCO DE RECURSOS PARA O DESENVOLVEMENTO DA CREATIVIDADE E AS ALTAS CAPACIDADES

Imaxe
Banco de recursos en construción que propón  actividades e metodoloxías que favorezan o desenvolvemento das capacidades creativas de todo tipo de alumnado e, en especial, do alumnado de altas capacidades. Para acceder pincha na imaxe 

O LIBRO DE ACEPTACIÓN DO AUTISMO

No blog Mundicolor atopei este material de Wendy Preciado que tenta promover a inclusión do alumnado con autismo nas escolas. O comezo do curso pode ser un bo momento para realizar moitas das actividades que nel se propoñen. Creo que paga a pena incorporar ás nosas aulas as dinámicas propostas co fin de aprender a "camiñar nos  zapatos" doutras persoas. Libro aceptacion del autismo from Wendy Preciado Este material foi retirado pola súa autora, posto que a tradución realizada por Wendy Preciado non estaba autorizada. Se queres acceder a ver algunhas páxinas de exemplo deste libro (en inglés), pincha aqui

ACADEMIA DE ESPECIALISTAS

Imaxe
ACADEMIA DE ESPECIALISTAS é a nova curtametraxe de animación da Fundación Orange.  Realizouna o debuxante Miguel Gallardo , pai dunha rapaza con autismo. O seu obxectivo é difundir algunhas características das persoas con autismo , coa finalidade de que non nos resulten extranas ou difíciles de comprender. Ademáis faino en clave de humor (e de amor), polo que resulta moi ameno e divertido. 

EMPEZA UN NOVO CURSO!

Imaxe
Desde o blog de orientación do CEIP "Condesa de Fenosa" queremos darvos a BENVIDA AO COLEXIO neste curso que comeza. Desexamos que veñades con MOITAS E RENOVADAS FORZAS que vos permitan afrontar con ILUSIÓN o novo  curso. Ao longo do ano, a través do blog, daremos difusión a contidos e noticias de interese e utilidade para  familias, profesorado e alumnado. Esperamos contar co máis importante de todo: A VOSA PARTICIPACIÓN . De momento, para empezar,  déixovos algúns enlaces nos que podedes atopar información e consellos sobre a VOLTA Á ESCOLA . CONSEJOS PARA EL INICIO DEL CURSO ESCOLAR : folleto da web educativa do Concello de A Coruña VUELTA A EMPEZAR :  consellos  para a volta ao cole   da Federación de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos de Aragón COMENZAR EN EDUCACIÓN INFANTIL : Folleto de axuda ás familias, de Jesús García Jarque EL PASO DE INFANTIL A PRIMARIA : Folleto de axuda ás familias do mesmo autor CONSEJOS PARA LOS PA

BENVIDA ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE NOVO INGRESO

Imaxe
Hoxe demos a benvida ás familias dos nenos de educación infantil que este ano se incorporan ao noso colexio.  Aínda que xa estiveron connosco en fin de curso, hoxe volveron para coñecer máis a fondo ás profesoras dos seus fillos, os horarios do período de adaptación e outros pequenos detalles, non por iso menos importantes, que o equipo de infantil quixo transmitirlles. Cremos que é moi interesante realizar estas reunións para que as familias coñezades ao profesorado do centro, porque, dese modo, vos será máis doado deixar aos vosos fillos en "mans descoñecidas" e, canta máis tranquilidade demostredes, maior seguridade lle transmitiredes aos vosos fillos. Como orientadora do centro non me quixen perder esta reunión e aproveitei para dar a coñecer ás familias a existencia do Departamento de Orientación e como e cando poden poñerse en contacto con este. Ademais informouse aos pais de que, e n breve, as profesoras e a orientadora, manteremos outra reunión, co fin de