Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta letras galegas

RECURSOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Imaxe
Co gallo de celebrar o Día das Letras Galegas, déixovos un enlace ao taboleiro de Pinterest onde atoparedes recursos relacionados coa figura de Xosé María Díaz Castro, escritor ao que se lle dedican as letras  este ano. Espero que vos resulten de proveito!

RECURSOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imaxe
Un ano máis as nosas letras están de festa. Desde este blog  desexamos outras  mil primaveras máis para a nosa lingua!!!  Así que, para celebralo,  compartimos convosco unha chea  de recursos elaborados no noso "cole" ou noutros centros  educativos. Espero que vos sexan de proveito! Antes de nada, gustaríame  compartir convosco este enlace: Por que é bo que os neno/as aprendan ben o galego? É un díptico do Equipo de Dinamización da Lingua Galega da  Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. E agora si, diversos enlaces sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño:  Autor, actor e público de aquí , excelente site do grupo de traballo do CEIP ADR "Castelao" (Rianxo), con actividades edilim, un tríptico e recursos que complementan a un caderno de actividades Se queredes, podedes acceder directamente aos materiais, premendo nos títulos: Guía didáctica Primaria Carteis Primaria ...

LETRAS GALEGAS 2012

Imaxe
As nosas letras están de festa e para celebralo nos colexios estanse a realizar unha chea de actividades sobre a figura de Valentín Paz Andrade. A continuación preséntanse  os enlaces aos traballos e actividades de distintos centros recollidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística na páxina de Bibliotecas Escolares LIM sobre Valentín Paz Andrade. CEIP Condesa de Fenosa (O Barco, Ourense) Liña do tempo de Valentín Paz Andrade  . CEIP Condesa de Fenosa (O Barco, Ourense) Telexornal Paz Andrade realizado no CEIP Dices (Rois) Actividades Letras Galegas. CEIP Mestre Valverde Mayo (Mos, Pontevedra) Selección de recursos para as Letras Galegas 2012. CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra) Valentín Paz Andrade, home da cultura galega. CEIP Rosalía de Castro (xinzo da Limia, Ourense) Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade. IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña) De Rosalía a Paz Andrade. IES Torrente Ballester (Pontevedra) Webquest Valent...