Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2023

PASO A 1º DE PRIMARIA

Imaxe
Como sabedes, no centro acostumamos realizar unha reunión para falar do paso de Infantil a Educación Primaria.  Con ela pretendemos acompañarvos nesta nova andaina, escoitar e, tentar de resolver, as posibles dúbidas que poidades ter. Cremos que ter unha información adecuada evita medos, incertidumes e tensións que podedes, sen pretendelo, transmitir aos vosos fillos/as. Na seguinte imaxe interactiva atoparedes  documentos e pautas con información, co fin de facilitar o coñecemento da nova etapa e a transición á mesma. 

BENVIDOS AO COLE! INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NOVO INGRESO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Imaxe
Benvidos ao cole!  Como cada curso, facemos a reunión coas familias de novo ingreso, que pretende ser unha  primeira toma de contacto co centro , así como proporcionar información que   resolva posibles dúbidas  que se vos poidan plantexar ante a escolarización dos vosos fillos/as e   transmitirvos unha serie de  recomendacións  para poñer en práctica durante o verán e facilitar así a entrada na escola. Sabemos que, por distintas circunstancias, non sempre é posible levar a cabo todas as suxerencias que vos facemos. Por iso, se o voso fillo/a se atopa nalgunha situación especial, non vos preocupedes, falaremos tan pronto se escolarice e tentaremos de atopar a solución máis adecuada. Cando escolarizades aos vosos cativos/as no colexio adquirimos un compromiso entre o centro e as familias, que ten como obxectivo traballar unidos cara unha meta común:  A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS E FILLAS

IMOS AO INSTITUTO: INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS E ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Imaxe
  O pasado 15 de xuño despedimos aos nosos alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria nunha fermosa  e emotiva festa de graduación. Nervios, tristura... pero tamén moita ilusión ante  a nova etapa que comeza . Desde o colexio, queremos acompañarvos na transición de  Primaria a Secundaria, por iso, ao longo do 2º e 3º trimestre deste curso, levamos a cabo unha serie de actividades que  forman parte do programa de transición a ESO, que se realiza conxuntamente co instituto ao que estamos adscritos: Visita do alumnado ao novo centro para coñecer as aulas, as instalacións etc. Reunión entre o equipo docente de 6º, a orientadora e a xefa de estudos do Instituto, co fin de coordinar o cambio de etapa. Charla no instituto dirixida ás familias coa finalidade de que obteñades toda a información que precisades (martes 27 de xuño, ás 19:00 horas). Mentres tanto, deixámosvos información co fin de facilitar o coñecemento da  nova etapa e a transición a Secundaria. Esperamos que vos sexa de ax