LEI ORGÁNICA DE MODIFICACIÓN DA LOE (LOMLOE)
O martes 19 de xaneiro entrou en vigor a Lei Orgánica de Modificación da LOE (LOMLOE), tamén coñecida como Lei Celaá, despois da súa publicación no Boletín Oficial do Estado o día 30 de decembro de 2020. A nova lei trae consigo unha serie de cambios e medidas. Na etapa de Infantil e Primaria destacan as seguintes: A etapa de educación infantil segue a ter carácter voluntario, mais o primeiro ciclo (0 a 3 anos) deste período pasa a considerarse educativo e non meramente asistencial. Os centros que o impartan deberán cumprir uns requisitos mínimos e elaborar unha proposta pedagóxica para poder impartir o primeiro ciclo desta etapa. Resáltase a condición compensadora do Ensino Infantil ante posibles contextos desfavorecidos. Incorpórase aos principios pedagóxicos dos centros o respecto á específica cultura da infancia. En Educación Primaria recupérase a organización en tres ciclos de dous cursos. As asignaturas redúcense a obrigatorias e optativas. Reordénanse as áreas de coñecement