PAUTAS PARA PREVIR O ABUSO INFANTIL
Dez pautas claras e efectivas para previr o abuso infantil e ensinarlle aos nosos fillos/as a detectar posibles situacións de abuso sexual, elaboradas por Nicolas Tupaz, redactor de @TrabHumanitario . Fala abertamente co teu fillo/a sobre o seu corpo, ensínalle o nome de cada unha das súas partes e delimita cales son as súas zonas íntimas, ás que só el/ela pode ter acceso. Ensínalle que o seu corpo lle pertence e faille saber que ninguén pode tocalo sen a súa autorización. Fálalle sobre o seu dereito para rexeitar un achegamento, unha caricia ou un bico co que senta incómodo/a, aínda que proveña dunha persoa próxima. Nunca lle obrigues a bicar, abrazar ou sentar xunto a alguén se non quere. Desta maneira, tamén lle ensinas que pode negarse a expresar o seu afecto cara a outra persoa se non quere facelo. Axúdalle a distinguir as formas de tocar “boas” e “malas”. Explícalle a diferenza entre os distintos tipos de segredos: os segredos que se gardan entre amigos e os ...