Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta entrada infantil

BENVIDOS AO COLE! INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NOVO INGRESO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Imaxe
Benvidos ao cole!  Como cada curso, facemos a reunión coas familias de novo ingreso, que pretende ser unha  primeira toma de contacto co centro , así como proporcionar información que   resolva posibles dúbidas  que se vos poidan plantexar ante a escolarización dos vosos fillos/as e   transmitirvos unha serie de  recomendacións  para poñer en práctica durante o verán e facilitar así a entrada na escola. Sabemos que, por distintas circunstancias, non sempre é posible levar a cabo todas as suxerencias que vos facemos. Por iso, se o voso fillo/a se atopa nalgunha situación especial, non vos preocupedes, falaremos tan pronto se escolarice e tentaremos de atopar a solución máis adecuada. Cando escolarizades aos vosos cativos/as no colexio adquirimos un compromiso entre o centro e as familias, que ten como obxectivo traballar unidos cara unha meta común:  A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS E FILLAS

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NENOS E NENAS DE TRES ANOS

Imaxe
Hoxe demos a benvida ás familias dos alumnos/as de tres anos. Como cada curso, fixemos unha reunión que pretende ser unha primeira toma de contacto co centro , así como resolver posibles dúbidas que se vos poidan plantexar ante a escolarización dos vosos fillos/as, informarvos sobre temas de interese e    transmitirvos unha serie de recomendacións para poñer en práctica durante o verán e facilitar así a entrada na escola. Sabemos que, por distintas circunstancias, non sempre ñe posible levar a cabo todas as suxerencias que vos facemos. Por iso, se o voso fillo/a se atopa nalgunha situación especial, non vos preocupedes, falaremos tan pronto se escolarice e tentaremos de atopar a solución máis adecuada. Cando escolarizades aos vosos cativos/as no colexio adquirimos un compromiso entre o centro e as familias, que ten como obxectivo traballar unidos cara unha meta común: A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS/AS A continuación, deixámosvos a presentación e os documentos que ...

BENVIDOS Á ESCOLA!

Imaxe
O pasado martes demos a benvida ás familias de novo ingreso do alumnado de Educación Infantil de 3 anos. O obxectivo prioritario  da reunión é que as familias coñezades de primeira man que vai supor a entrada á escola na vida dos vosos fillos. Para que vos sintades confiados e seguros é necesario r esolver as posibles dúbidas que se vos plantexen ante a súa escolarización e que saibades cal é o  funcionamento interno do centro. Ademais é un xeito de  transmitirvos unha serie de recomendacións para poñer en práctica durante o verán e facilitar así a entrada na escola. Como dixemos na reunión:  "O período de adaptación comeza dende xa!" Tal e como quedamos, comparto convosco o guión da presentación e un pequeno resumo coa información máis importante do período de adaptación e as recomendacións a seguir cos vosos fillos. Espero que vos sexa de utilidade. Información sobre o período de adaptación Recomendacións para as familias