BENVIDOS AO COLE! INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NOVO INGRESO DE EDUCACIÓN INFANTIL
Benvidos ao cole!
Sabemos que, por distintas circunstancias, non sempre é posible levar a cabo todas as suxerencias que vos facemos.
Como cada curso, facemos a reunión coas familias de novo ingreso, que pretende ser unha primeira toma de contacto co centro, así como proporcionar información que resolva posibles dúbidas que se vos poidan plantexar ante a escolarización dos vosos fillos/as e transmitirvos unha serie de recomendacións para poñer en práctica durante o verán e facilitar así a entrada na escola.
Sabemos que, por distintas circunstancias, non sempre é posible levar a cabo todas as suxerencias que vos facemos.
Por iso, se o voso fillo/a se atopa nalgunha situación especial, non vos preocupedes, falaremos tan pronto se escolarice e tentaremos de atopar a solución máis adecuada.
Cando escolarizades aos vosos cativos/as no colexio adquirimos un compromiso entre o centro e as familias, que ten como obxectivo traballar unidos cara unha meta común:
A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS E FILLAS
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas deixar o teu comentario