Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta coronavirus

PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL

Imaxe
O Plan de Benestar Emocional é un documento publicado pola Xunta que procura  previr posibles problemáticas derivadas da pandemia entre o alumnado, así como dotar  de ferramentas ao profesorado desde un enfoque pedagóxico, metodolóxico e sanitario. O plan propón pautas de observación para a detección de problemas de benestar emocional, así como ofrece modelos de intervención. Amais realiza unha proposta didáctica grupal de educación emocional con 24 actividades estruturadas a través de catro eixes:  Conecta, que favorece a creación de espazos de comunicación e escoita e a identificación das emocións propias e alleas. Respecta, dirixido a tomar conciencia dos novos cambios nos hábitos e relacións sociais derivadas da covid-19. Regula, que desenvolve aspectos relacionados coa regulación emocional e o afrontamento dos conflitos para aprender a tolerar a frustración e evitar situacións de estrés. Vive, para o fomento de actitudes positivas, sentimentos de gratitude e solidari...

PENSANDO A VOLTA Á ESCOLA

 Presentación dirixida aos docentes con recursos e ideas para desenvolver o acompañamento emocional nesta atípica volta á escola 

BENVID@S Á ESCOLA!!

PROTOCOLO COVID-19

PROGRAMA PSICOEDUCATIVO PARA A POSTEMERXENCIA EN CENTROS EDUCATIVOS

Imaxe
Programa elaborado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que permite traballar co alumnado de Educación Infantil e Primaria a volta ás aulas integrando a experiencia vivida da crise sanitaria provocada pola COVID-19.

CONTAXIO: UN CONTO DIDÁCTICO E EMOCIONAL N TEMPOS DE DESCONFINAMENTO

Imaxe
Conto audiovisual, impulsado por UNICEF e escrito por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso. Está ilustrado por Leandro Lamas e narrado por diferentes actores e actrices galegos.  Fonte: Galicia Confidencial Vía: Orientanós

PECHAR O CURSO NA PANDEMIA

Imaxe
Interesante e motivadora presentación, elaborada pola orientadora  Mº José Pérez Albo ( @mjpalb), co n  ideas para pechar este curso, no que as clases presenciais suspendéronse abruptamente por mor da crise sanitaria provocada pola COVID 19. Vía Orientanós

SAÚDE EMOCIONAL DO ALUMNADO. AXUDA PARA FAMILIAS E AUTOAVALIACIÓN DO ALUMNADO

Imaxe
Material elaborado pola orientadora educativa Cinta Rodríguez , coñecida como "a orientadora das infografías", que ela deu en chamar  cintoritas. Destinado, orixinalmente, ao alumnado de Primaria e as súas familias. Contén reflexións, consellos e pautas para aplicar en familia, así como actividades para coidar a saúde emocional dos nenos/as na situación de semi-confinamento. A orientadora comparte outra "cindorita", relacionada coa auto-avaliación do comportamento e a saúde emocial do alumnado durante a corentena, a través dunha diana de avaliación. Fonte: CEDEC Intef Vía: Orientación en Galicia

CREAR GRUPO PRIMARIA

Estupendo material elaborado polo Gabinete de Convivencia coa colaboración do Área de Acción Titorial do ETPOEP de Jaén. Trátase dunha presentación interactiva cun Plan de Acollida,  para o alumnado de Primaria, adaptado á nova normalidade na que deberemos convivir co COVID 19. Dedica especial atención á creación de vínculos entre o profesorado, en definitiva, como o seu nome indica, á creación de grupo.

DOCUMENTOS PARA AFRONTAR O PROCESO DE DESCONFINAMENTO E AS SÚAS POSIBLES CONSECUENCIAS PSICOLÓXICAS

Imaxe
Documentos elaborados polo Grupo de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes do Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid para axudar a afrontar o proceso de desconfinamento. Recomendacións para a saída do confinamento con nenos/as e adolescentes Pautas ante as saídas á rúa dos menores de 14 anos e as posibles dificultades que poidan xurdir ante ese feito: non querer saír, evitar usar os guantes e as mascarillas, sentir medo ao contaxio, etc  Guía para un afrontamento psicolóxico eficaz do proceso de desconfinamento E AGORA QUE? Posibles consecuencias psicolóxicas que se poden dar ante o desconfinamento e recomendacións e estratexias para afrontar a nova situación.

MÁIS ALÓ DO BALCÓN: CANDO AS NOTICIAS ASUSTAN E NON ENTENDO NADA

Imaxe
Material elaborado pola profesora Miriam Leirós e ilustrado por Eva Prol Sanjurjo. Tenta traballar o coronavirus co alumnado desde unha perspectiva emocional, axudándolles a reflexionar sobre o que senten e sobre o que ocorre ao seu redor.

VOLVEMOS PASEAR

Imaxe
A partir deste domingo os nenos e nenas, despo is de varias semanas de confinamento, poderedes saír de novo á rúa. Sei que algúns de vós estades un pouquiño  preocupados porque, ata agora, as persoas adultas estivémosvos dicindo que saír á rúa era un perigo para vós mesmos e para os demais. Nas vídeo-conferencias cos vosos/as profes, moitos/as de vós fixéstesnos partícipes do temor de volver a saír á rúa: "E se me contaxio? E se  contaxio a algún membro da miña familia?" Esas foron algunhas das preguntas que nos fixestes. É normal. Ata o de agora estabámosvos dicindo unha cousa e, de súpeto, a mensaxe que vos transmitimos é a contraria.  Os adultos agora dicimos que podedes saír. E vós preguntarédesvos: Se o virus segue aí, entón porqué saímos? Pois veredes, farédelo porque os que máis saben disto din que será bo para a vosa saúde física e mental.  Moitos  de vós queixabádesvos de dores de barriga, de cabeza, de non poder durmir ou de durmi...

QUE AS TÚAS EMOCIÓNS NON QUEDEN CONFINADAS

Imaxe
Manual para axudarlle aos nenos e nenas a expresar,  de xeito saudable e divertido, as  emocións que xorden durante o confinamento.  A autora da guía é a psicóloga Vanessa Bielsa e as ilustracións son de Miguel Bielsa.  Publicado polo Instituto Aragonés de la Mujer.  Para acceder á guía, pincha na imaxe.

GUÍA PARA FAMILIARES EN DUELO POR COVID-19

Imaxe
Comparto convosco esta guía dedicada ás persoas que, por desgraza, están a pasar por unha situación de duelo debido a morte dun ser querido por COVID-19. O documento elaborouno o Grupo de Trabajo de Duelo y Pérdida de la Delegación de Sevilla del COP Andalucía Occidental.  Pretende acompañar no sentimento a todas esa persoas e mitigar a soidade que poidan sentir.  Ademais tenta dar unhas pautas, para os adultos e para os nenos/as, co fin de axudar a afrontar o duelo pola morte dun familiar. Si a despedida dunha persoa querida xa é u proceso difícil, hai que engadirlle a  situación de distanciamento social que estamos a vivir como consecuencia do confinamento, que a altera por  completo e faina máis difícil. Pinchade na imaxe para acceder á guía.

GUIA PARA O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL NA INFANCIA DURANTE O PERÍODO DE CONFINAMENTO

Imaxe
Interesante documento,  dirixido a educadores e familias, elaborado pola psicóloga  Estela Mediavilla Espinosa e publicado polo Ayuntamiento de Rota. A guía pretende ofrecer ás persoas adultas recursos e ferramentas para axudar aos nenos/as a enfrontar a situación de confinamento,  coidando especialmente a conexión emocional para seguir sendo unha base segura para eles/as e para que este período sexa máis levadeiro para os neno/as. Para acceder a guía pincha na imaxe

QUERO SAÍR!

Imaxe
O deseñador @NicoOrdozgoiti e a súa muller, Cova Díaz,  publicaron en Twitter un conto para explicarlle ao seu fillo de tres anos porque non pode saír de casa durante o período de confinamento pola crise sanitaria do COVID-19. A continuación reproduzco o fío onde presentan o conto, ninguén mellor que eles para explicalo Lo quería compartir por si a alguien le ayuda (al final del hilo hay un WeTransfer para descargarlo en PDF) 👇 — Nico Ordozgoiti (@NicoOrdozgoiti) April 1, 2020 pic.twitter.com/pcYqay09kj — Nico Ordozgoiti (@NicoOrdozgoiti) April 1, 2020 pic.twitter.com/YOuGgEJ8Lz — Nico Ordozgoiti (@NicoOrdozgoiti) April 1, 2020 pic.twitter.com/XYgPhi2UbX — Nico Ordozgoiti (@NicoOrdozgoiti) April 1, 2020 pic.twitter.com/G2y9fUTVt3 — Nico Ordozgoiti (@NicoOrdozgoiti) April 1, 2020 pic.twitter.com/zfNEQ1rikS — Nico Ordozgoiti (@NicoOrdozgoiti) April 1, 2020 pic.twitter.com/ZAqOvA0WOG — Nico Ordozgoiti (@NicoOrdozgoiti) April 1, 2020 ...

2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Imaxe
Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Desde este blog, queremos facer unha pequena contribución para conmemorar esta data.  Para min resulta inevitable relacionar a conmemoración deste ano co momento que estamos a vivir debido ao confinamento polo COVID-19. Nos últimos días, todos escoitamos noticias nas que se relataba como persoas con TEA e os seus acompañantes eran increpados cando saían á rúa. Sirva esta entrada para concienciar a poboación sobre esta necesidade do colectivo TEA que a lei ampara. As persoas con autismo teñen a necesidade de realizar saídas por saúde, para evitar alteracións significativas do seu comportamento. E, ademais, teñen permiso para dar eses paseos terapéuticos sos ou acompañados. Teñen dereito a circular pola vía pública coa comprensión e respecto do resto da poboación, sen necesidade de utilizar un identificativo que lle permitan exercer este dereito. Evitemos xulgar aos demais sen ter coñecemento. ...

O BOTE DAS EMOCIÓNS

Imaxe
Quixera compartir convosco unha idea estupenda para tentar parchear a saudade que sentimos das nosas persoas queridas, mentres dura a corentena. A actividade consiste en que, no momento en que comeces a botar de menos a unha persoa querida, lle dediques un tempo no que fagas un debuxo, unha poesía, un pensamento, un vale por un bico, por unha aperta, o que ti queiras... e a metas nunha caixa ou nun bote co seu nome. Cando todo isto pase terás un agasallo único e estupendo para esa persoa a quen queres. Podes facer tantos botes como precises. Animaste? Fonte: Menud@s Maestr@s Vía:  Orientación Oliveira - Guláns . 

A FORZA DO CONDESA

Imaxe
Quero compartir convosco este vídeo. Está feito con moito cariño por tod@s @s profes do cole. Non ten outra finalidade que dicirvos que seguimos aí, traballando e pensando en vós, así como transmitirvos todo o noso ánimo e apoio nestes tempos difíciles de corentena polo COVID-19 que nos tocou vivir. A nosa arma para vencer a este virus é quedarnos na casa e loitar xunt@s contra el con toda a forza, coa forza do Condesa! 

GUÍA DE RECURSOS PARA QUEDARSE EN CASA

Imaxe
Comparto convosco  unha guía moi interesante con consellos, recomendacións, recursos audiovisuais, lecturas, visitas virtuais, exercicios, actividades, ideas...  para nenos/as e adultos. O documento elaborouno a   Fundación Mª José Jove en colaboración coa Asociación Participa c o obxectivo de facilitar que a corentena sexa máis levadía para os nenos/as e as súas familias. Para acceder á guía, pincha na imaxe