Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta absentismo escolar

PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA

Imaxe
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou un protocolo para a prevención e o control do absentismo en nos centros escolares. O seu obxectivo é regular e controlar a asistencia a clase do alumnado galego. A través de el intentanse establecer unhas pautas comúns de actuación e  definir conceptos como que é absentismo, que documentos deben formar parte dun expediente de absentismo, que se considera unha  falta de asistencia xustificada ou inxustificada, que modelos podemos utilizar para acreditar a ausencia, entre outros. Amais no protocolo, podemos encontrar unha serie de anexos, como modelos das convocatorias de reunión, das actas dos encontros coas familias, de notificación do expediente de absentismo, etc. Os anexos están en formato word co fin de que poidan ser modificados. Neste documento establécese que é o  profesor titor o que debe realizar diariamente o control de asistencia e comunicar as faltas ás familias dentro d...

ALUMNADO CON NEAE POR CONDICIÓNS PERSOAIS OU DE HI...

Imaxe
orientacioncondesa: ALUMNADO CON NEAE POR CONDICIÓNS PERSOAIS OU DE HISTORIA ESCOLAR : Un alumno pode presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de condicións persoais ou de historia escolar cando manifesta dificultades na evolución das súas aprendizaxes e na adquisición de obxectivos e competencias por motivos de saúde, por pertenza a determinados grupos sociais ou minorías étnicas, por situacións socioculturais desfavorables, por escolarización desaxustada ou pola combinación de varios dos motivos mencionados. Ademais e ntre este alumnado podemos considerar: o alumnado en situación de absentismo, abandono escolar temperán e/ou desescolarización; o alumnado que precisa atención educativa hospitalaria e domiciliaria; o alumnado menor sometido a medidas de responsabilidade penal; o alumnado sometido a medidas de protección e tutela; o alumnado afectado por medidas de violencia de xénero e/ou acoso escolar; o alumnado pertencente a familias itinerantes; a aten...