O mundo das tecnoloxías da información asómbranos cada día con novos avances e aplicacións que facilitan moitas das tarefas cotiás. Gran parte delas son aproveitables en educación e, como non, tamén no ámbito da atención ás necesidades educativas especiais. Unha aplicación que me chamou particularmente a atención polas posibilidades que ofrece no traballo diario é SPQR. É froito do traballo conxunto entre a Fundación Orange e BJ Adaptaciones . Componse dunha aplicación para ordenador e outra para o dispositivo móbil Android. A aplicación para PC permite crear os códigos QR, definir os usuarios e os formatos (pictogramas, vídeo, lingua de signos...), así como asociar os contidos aos códigos QR. Logo só temos que imprimilos e poñelos no material que queiramos. A aplicación para o móbil Android, cunha simple captura de imaxe, le a información do código QR e tradúcea a pictogramas, a Lingua de Signos ou a audio, segundo se especificara na preconfiguración realizada no disposit