Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta educacion primaria

REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE COMEZA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Imaxe
A reunión para as familias do alumnado que comeza a etapa de Educación Primaria ten como principais obxectivos: Proporcionar información sobre a nova etapa Compartir estratexias para facilitar o cambio Contestar ás vosas preguntas, dúbidas e inquedanzas O certo é que todos os cambios acostuman xerar certo temor, máis a vida é un cambio continuo e temos que transmitir aos nosos fillos/as unha actitude adecuada, alentalos e motivalos en vez de radiar, moitas veces sen pretendelo, ansiedade e temor ante os mesmos. Sempre me gusta dicirvos que SEN CAMBIOS NON HAI MARIPOSA ... Procurade transmitirlles ilusión, calma e normalidade.  É certo que comezarán unha nova etapa, pode que máis difícil, pero o cambio non se  producirá de forma drástica, senón pouco a pouco.  A continuación tedes á vosa disposición unha presentación sobre  a transición de Infantil a Primaria, na que se esbozan as principais características da etapa que comeza; así como un doc...

NOVIDADES IMPORTANTES DO MES DE XULLO

Imaxe
Orde pola que se regula a implantación para o curso 2014-2015 dos cursos primeiro, terceiro e quinto de educación primaria (Próxima publicación no DOG) Para acceder, pincha AQUÍ Importante: información sobre a toma de posesión do concurso de traslados convocado pola Orde do 16 de outubro de 2013 Para acceder á información, pincha AQUÍ FONTE:  Subdirección Xeral de Recursos Humanos Protocolo de consenso sobre TDAH nos ámbitos educativo e sanitario Mediante o mesmo establécese  o camiño a seguir e defínese a liña de comunicación entre os servizos de orientación  e os servizos sanitarios. Para descargar, pincha  AQUÍ FONTE: http://www.edu.xunta.es/web/node/12908 Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (2014-2015). O prazo é ata o día 30 de setembro . Podedes  traer ao departamento de orientación a documentación da axuda, coa parte cuberta polo gabinete que atende ao voso fillo...

PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE ESTABLECE O CURRÍCULO DE EDUCACIÓN PRIMARIA NA CCAA DE GALICIA

Imaxe
A Consellería de Educación publica o Proxecto de Decreto polo que se establece o currículo da Educación Primaria na comunidade autónoma de Galicia. A partir de mañá e ata o 9 de xuño poderanse presentar propostas e suxestións a este decreto por medio do documento d enominado "Contraste_Decreto_ep_.doc", que deberá ser remitido ao enderezo de correo electrónico  curriculoep@edu.xunta.es  seguindo as instrucións que se indican no propio documento. A continuación podedes acceder a ambos enlaces Borrador do Decreto do currículo de Educación Primaria Contraste_Decreto_ep_.doc FONTE: Páxina da Xunta