Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2012

FAMILIAS ESPECIAIS, FAMILIAS EXCEPCIONAIS

Cómic do Centro de Atención Temperá CUDAP no que se narra, dun xeito ameno, a situación de incertidume pola que pasan moitas familias nos momentos previos a un diagnóstico dos seus fillos, así como o momento en que, con axuda dos distintos profesionais, comezan a saír do túnel. Especialmente dedicado a todas esas familias "corrientes" que se convirten en excepcionais e se enfrontan ao reto de convivir cun fillo "diferente" e, ademais, o fan con valentía, cariño e determinación. Open publication - Free publishing

TEA: GUIA PARA PAIS E PROFESIONAIS

Guía editada polo Centro de Diagnóstico Universitario y Atención Temprana da Universidade de Valencia,  que tenta responder ás preguntas que se fan as familias ante un diagnóstico de autismo, así como de acompañalas nos primeiros momentos do diagnóstico. Faino desde unha perspectiva positiva, de optimismo compartido coas familias que ven crecer e evolucionar favorablemente aos seus fillos diagnosticados cun Trastorno de Espectro Autista. Open publication - Free publishing

DOCUMENTOS FRECUENTES DE USO ACADÉMICO-ADMINISTRATIVO

Imaxe
Relación de  modelos de formularios que facilitan a xestión da información elaborados pola Consellería de Educación. Preme  na imaxe para acceder ao documento

CADERNO DE APOIO Á COMUNICACIÓN CO PACIENTE

Imaxe
En ocasións, cando unha persoa ten dificultades para comunicarse, saber que é o que lle doe, ou que o médico entenda o que lle pasa pode supoñer un problema. O Caderno de apoio á comunicación co paciente xorde como parte do proxecto "Yo te cuento, cuenta conmigo" coordinado por CEAPAT-IMSERSO e deseñado por ARASAAC. O obxectivo deste proxecto é crera recursos de apoio ás persoas maiores e ás persoas maiores con discapacidade que teñen dificultades para comunicarse. O documento presenta unha forma alternativa para que o paciente se faga entender no entorno hospitalario ou nas consultas médicas. Para descargalo, pincha  aquí Si prefires a versión en galego, pincha  aqui

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero. O Departamento de Orientación Andújar recompilou unha chea de recursos e publicacións para traballar este tema en todas as etapas. Podes acceder a elas premendo en  Recompilación de materias sobre coeducación . Ademais no blog Planeta Educativo podedes acceder a outra interesante recompilación, para acceder pincha   aqui . Educar en igualdad é un interesante blogue con recursos educativos para a igualdade e a prevención da violencia de xénero

O APALPADOR

Imaxe
Debuxo de Leandro Lamas Desde O ENDL do noso colexio, na percura de difundir as tradicións propias da nosa cultura, estase a recuperar a figura do Apalpador. Nas noites do 24 ou do 31 do decembro este home de barba rubia, de oficio carboeiro, que vive nas montañas, baixa as aldeas e cólase nas casas para apalpar as barriguiñas dos máis pequechos e ver si comen ben. Deixalles unha presa de castañas para que non pasen fame e un xoguete artesanal. O apalpador cólase na nosa escola para lembrarnos  o valor dos regalos que non se mercan con cartos e para desexarnos un bo ano cheo de felicidade e de fartura. A continuación vois deixo algúns enlaces e recursos para traballalo nas clases. Espero que vos sexan de utilidade. VIEIROS DA ESCOLA. O apalpador : "Todas as culturas teñen un home sabio pola idade que lles axuda aos nenos a pasar o inverno. A cultura galega ten o Apalpador que, durante os anos de esquecemento, sobreviviu nos montes do Courel e o C

DÍA UNIVERSAL DO NENO

Imaxe
Con motivo da celebración do Día Universal do Neno, os compañeiros do blog Orientación Andújar realizaron unha completa e interesante recompilación de recursos para traballar en todas as etapas educativas: infantil, primaria e secundaria. Para acceder á mesma, premede no enlace: Dereitos do neno. Recompilatorio de recursos

GUIA TIC PARA PERSOAS CON TEA

Imaxe
A Guía TIC para persoas con TEA é un completo e atractivo catálogo en rede, desenvolvido por CONFEDERACIÓN AUTISMO ESPAÑA , por BJ Adaptaciones e Autismo Albacete Asociación Desarrollo , para que tanto as familias como os profesionais que interveñan no proceso de aprendizaxe dunha persoa con autismo, poidan coñecer os últimos recursos TIC dispoñibles. Picando nas distintas imaxes da aula podemos acceder á información sobre o funcionamento destes recursos, das súas características, así como da ficha técnica e pedagóxica. Para acceder ao recurso pincha  GUÍA TIC TEA

16 DE NOVEMBRO: DÍA DA TOLERANCIA

Imaxe
O 16 de novembro de cada ano celébrase o Día Internacional para a Tolerancia.  A tolerancia é a capacidade de aceptar e  respectar unha forma de ser, de pensar e de vivir distinta á propia. Un individuo tolerante acepta a diferencia e, ademais, considera a mesma como algo que lle enriquece como persoa. Nos centros educativos intégranse de xeito natural nenos e nenas doutras razas, con distintas capacidades, culturas e creenzas. N a escola existen nenos e nenas moi diferentes entre si: altos, baixos, gordos, flacos, con lentes, que aprenden máis lento, que aprenden máis rápido, tímidos, abertos, que son doutro país, con distintas situacións económicas, con familias diversas, que son doutra raza, que non falan ben, que lles gusta o fútbol, que non... Precisamente debido a esa diversidade prodúcense moitos dos conflitos, porque, xa se sabe, é máis fácil falar de tolerancia que practicala. Cando te burlas dalguén porque é diferente, cando discriminas ou exclúes porque a outra persoa non é

PROGRAMA RECAPACITA

Imaxe
ReCapacita  é o nome dun proxecto educativo do Instituto de Acción Social da Fundación MAPFRE. Trátase dun Programa de Boas Prácticas para a Inclusión, que ten como obxectivo sensibilizar á poboación infantil co mundo da discapacidade, así como fomentar a diversidade como un valor que nos enriquece como persoas.  O programa estruturase en torno a tres obradoiros. O obradoiro " Colores para la diversidad ", da primeira edición, centrouse na aprendizaxe cooperativa como ferramenta para fomentar a convivencia e aceptar a diversidade como algo positivo dentro dun grupo. O obradoiro, " En otras palabras ",da segunda edición,   tentou desenvolver as habilidades lingüísticas: falar, ler, escoitar e escribir, que moitas veces supoñen un obstáculo para aquelas persoas con discapacidade O obradoiro " Todos somos capaces " , da edición actual, céntrase n as intelixencias múltiples de Howard Gardner, que son o eixo sobre o que xiran as di

PECHADO POR FOLGA XERAL

Imaxe

14 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA DIABETES

Imaxe
O vindeiro 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes. O motivo desta celebración é concienciar á poboación sobre un dos trastornos metabólicos máis frecuentes entre persoas adultas e  poboación infantil. A campaña deste ano fai fincapé na urxente necesidade de protexer a saúde das futuras xeneracións. Educar, atraer e capacitar ao público en xeral sobre a diabetes son os obxectivos  claves deste ano. Debido a que é unha enfermidade que, cada vez, ten maior incidencia na poboación infantil e, polo tanto, cada vez máis frecuencia nas escolas, faise necesario un maior coñecemento por parte de todos os membros da comunidade educativa sobre esta doenza. Ter diabetes non debe impedir que os nenos realicen as actividades propias da súa idade, pero será necesario ter a información suficiente para evitar situacións de risco ou situacións excluíntes por mor da enfermidade. A continuación se ofrece unha selección de enlaces sobre a diabetes, os seus coidados  e a escolarizaci