Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta discapacidade visual

ALUMNADO CON DISCAPACIDADE VISUAL

Imaxe
Cando falamos dun alumno con discapacidade visual, referímonos a unha persoa  con alteracións nas funcións sensoriais visuais, ben na estrutura do ollo ou ben no sistema nervioso, que a limitan na realización daquelas actividades que impliquen o uso da visión. Engloba calquera tipo de problema visual grave, xa sexa carencia ou limitación da capacidade de visión. Nesta páxina poderás atopar información sobre: CONCEPTO E SIGNOS DE ALERTA GUÍAS FAMILIAS TECNOLOXÍAS DE APOIO SISTEMA BRAILLE ENLACES LIBROS AUDIOLIBROS AUDIOCONTOS XOGO APLICACIÓNS VIDEO ENTRADAS DESTE BLOG RELACIONADAS CON  DISCAPACIDADE VISUAL CONCEPTO E SIGNOS DE ALERTA La deficiencia visual : información de ONCE Salamanca sobre o déficit visual e as súas implicacións Baja visión y ceguera : traballo sobre definicións e clasificacións da discapacidade visual de Manuel Bueno Martín. Deficiencia visual. Aproximaciones conceptuales : causas, sintomatoloxía e implicacións no desenvolvemento, páxina de a...

EN LOS ZAPATOS DE LOS NIÑOS CIEGOS

Imaxe
" En los zapatos de los niños ciegos" es una guía publicada pola ONCE (2004), obra de Rosa Lucerga e Elena Gastón. O título responde a que as autoras parten da idea de que para que para potenciar o  desenvolvemento dos nenos hai que poñerse no seu lugar. Realizouse tendo en mente ás familias que teñen un membro con discapacidade visual, así como aos profesionais que traballan con eles, especialmente no ámbito da atención temperá. A guía abarca o período de desenvolvemento que vai ata os tres anos e marca unha serie de obxectivos a conseguir acompañados de imaxes, orientacións e suxestións. Os obxectivos márcanse para períodos semestrais e asócianse ás distintas  áreas de desenvolvemento. Pincha aquí para descargar a guía

LOS COLORES DE LAS FLORES

Imaxe
"Los colores de las flores" é un emotivo e fermoso video realizado por JWT Madrid como parte da campaña da ONCE a  favor da inclusión educativa. Nel nárrase a historia de Diego, un neno escolarizado no colexio do seu barrio que un día debe enfrontarse a unha tarefa que supera grazas ao seu interese e imaxinación e  coa axuda dos seus iguais, da súa familia  e do profesorado. O audiovisual pretende amosar como é  a realidade destos alumnos dentro das aulas. Por iso os protagonistas deste vídeo  non son actores, senón persoas reais. Pretende sensibilizar á poboación sobre o feito de que as persoas con discapacidade visual deben escolarizarse nos centros educativos ordinarios, que deben integralos, á vez que dar respostar as súas necesidades específicas.  Este video é o gañador do premio AMPE (As ociación de Medios Publicitarios de España) do ano 2012.

MEKANTA, programa adaptado deseñado pola ONCE

Imaxe
O pasado mes de abril a ONCE presentou o seu programa MEKANTA. Este programa está pensado para que todos os nenos da aula, incluso os que teñen unha discapacidade visual, aprendan dun xeito lúdico a manexar o teclado do  ordenador. MEKANTA convértese pois nunha ferramenta útil para quen queira ensinar mecanografía desde idades  temperás. O programa tenta unir motivación, autonomía e accesibilidade. Ademais respecta o ritmo e o desenvolvemento motriz dos alumnos e as necesidades educativas inherentes ao alumnado que presenta discapacidade visual. Dun xeito dirixido vai propoñendo unha serie de actividades, xogos e leccións que introduce MEKANTA, un chimpancé da xungla. A través destas actividades preténdese que o alumnado adquira unha técnica correcta no manexo do teclado. O programa preséntase en formato CD e distribuirase gratuítamente  entre os distintos centros e  Equipos Específicos de atención educativa da ONCE. Ademais pode de...

ALUMNADO CON DISCAPACIDADE VISUAL

ORIENTACIONCONDESA: ALUMNADO CON DISCAPACIDADE VISUAL :  Cando falamos dun alumno con discapacidade visual, referímonos a unha persoa  con alteracións nas funcións sensoriais visuais, ben na estrutura do ollo ou ben no sistema nervioso, que a limitan na realización daquelas actividades que impliquen o uso da visión. Engloba calquera tipo de problema visual grave, xa sexa carencia ou limitación da capacidade de visión. Nesta páxina poderás atopar información sobre: CONCEPTO E SIGNOS DE ALERTA GUÍAS FAMILIAS TECNOLOXÍAS DE APOIO SISTEMA BRAILLE ENLACES LIBROS AUDIOLIBROS AUDIOCONTOS XOGO APLICACIÓNS VIDEO