Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta admision de alumnado

ANUNCIO DO INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

Imaxe
Na páxina web da xunta publícanse, de acordo coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, os formularios de solicitude de reserva de praza nos centros de adscrición. O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, deberá presentar no centro de orixe o modelo que se publica entre os días 11 de xaneiro e  8 de febreiro, ambos incluídos. No noso caso, aqueles alumnos de 6º curso de Educación Primaria, que pretendan iniciar os seus estudos da ESO no IES "Lauro Olmo" deberán cubrir o impreso de reserva de praza e entregalo no colexio antes do día 8 de febreiro. Anexo I Anexo I bis MÁIS INFORMACIÓN: PÁXINA WEB DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRICULACIÓN DO ALUMNADO CURSO 2017 - 2018

Imaxe
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou con data de 1 de febreiro a Orde que regula o  procedemento de admisión e matriculación do alumnado  de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2017- 2018 .  Os alumnos/as que queiran   reservar praza para continuar os seus estudos nun centro adscrito (no noso caso   IES "Lauro Olmo" )  poderán facelo entre o 1 e o 15 de febreiro. Cubrirán o modelo de solicitude para reserva de praza e entregarano no centro de orixe (CEIP "Condesa de Fenosa").  Se tedes pensado continuar estudos noutro centro distinto ao adscrito teredes que esperar ao prazo de novas admisións. O prazo de admisión e matriculación nun novo centro comezará o 1 de marzo e estenderase ata o día 20 do mesmo mes. Entre as novidades que se introducen na lexislación que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fo...

ANUNCIO DO INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2014/2015

Imaxe
Na páxina web da xunta publícanse, de acordo coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, os formularios de solicitude de reserva de praza nos centros de adscrición. O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, deberá presentar no centro de orixe o modelo que se publica entre os días 1 e 15 de febreiro. No noso caso, aqueles alumnos de 6º curso de Educación Primaria, que pretendan iniciar os seus estudos da ESO no IES "Lauro Olmo" deberán cubrir o impreso de reserva de praza e entregalo no colexio antes do día 15 deste mes. Orde do 12 de marzo de 201 3 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG) Orden del 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado (DOG) ANEXO I Reserva de praza (galego) ANEXO I R...

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES

Imaxe
Novo decreto polo que se  regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Se queres acceder ao mesmo, pincha no seguinte enlace:  Decreto 254/2012, do 13 de decembro