Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta discapacidade auditiva

PROTOCOLO PARA A ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO CON DISCAPACIDADE AUDITIVA

Imaxe
Protocolo para a atención educativa do alumnado con discapacidade auditiva publicado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria . Ofrece información clave sobre a perda auditiva,  sobre o proceso de detección e diagnóstico e sobre a intervención educativa, describindo  as necesidades educativas do alumnado con discapacidade auditiva, as   medidas educativas para atender este alumnado e a planificación da intervención educativa a nivel de centro, de aula e na familia.  Tamén ofrece orientacións para o emprego dos distintos recursos e axudas técnicas,   así como pautas para a sensibilización da comunidade educativa,  a avaliación do alumnado con discapacidade auditiva e bibliografía sobre o tema.

ALUMNADO CON DISCAPACIDADE AUDITIVA

Imaxe
Consideramos que un alumno ten discapacidade auditiva cando ten un déficit total ou parcial na percepción auditiva que afecta, en maior ou menor grao,  a súa capacidade de comunicación. Nesta entrada atoparás temas relacionados con: CONCEPTO, SIGNOS DE ALERTA E DETECCIÓN GUÍAS PROFESORADO GUÍAS PARA AS FAMILIAS LECTURA CONTOS XOGOS LINGUA DE SIGNOS ENLACES VIDEOS Entradas deste blog sobre  DISCAPACIDADE AUDITIVA   CONCEPTO, SIGNOS DE ALERTA E DETECCIÓN Indicadores de Sospecha de Déficit Auditivo : documento do Goberno de Navarra con sinais de alerta Tríptico. Indicadores de sospecha de déficit auditivo : folleto do Goberno de Navarra cos indicadores que poden apuntar aun posible déficit auditivo Hipoacusias leves y moderadas de primer grado : documento do EOE de Madrid con conceptos médicos e coidados escolares Orientaciones para la evaluación psicopedagógica de alumnos con discapacidad auditiva : orientacións para a avaliación psicopedagóxica do ...

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS XORDAS

Imaxe
O  24 de setembro de cada ano celébrase o   Día Internacional das Persoas Xordas .  É un día no que este colectivo reivindica os seus dereitos , tenta fomentar a integración  e sensibilizar á sociedade sobre as súas necesidades , dificultades e sobre a súa lingua. Desde este blog queremos facer a nosa pequena contribución. A continuación déixovos o enlace a páxina de discapacidade auditiva e este fermoso vídeo da serie Glee. Alumnado con discapacidade auditiva GLEE : IMAGINE