Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta fin de curso

PECHAR O CURSO NA PANDEMIA

Imaxe
Interesante e motivadora presentación, elaborada pola orientadora  Mº José Pérez Albo ( @mjpalb), co n  ideas para pechar este curso, no que as clases presenciais suspendéronse abruptamente por mor da crise sanitaria provocada pola COVID 19. Vía Orientanós

ESOS LOCOS QUE ENSEÑAN

Imaxe
Este final de curso, non puiden resistirme a dedicar unha entrada aos meus compañeiros de traballo. Porque o meu  cole  é como é grazas a eles, á súa profesionalidade e á súa dedicación. Porque, cada día, converten o centro nun lugar máis amable. Porque se empeñan en conseguir o mellor de cada alumno e alumna (e non soltan a presa). Porque sempre se involucran en todo o que se propón. Porque rematamos un novo curso, cheo de anécdotas, de apuros,  de ilusións compartidas e pode que dalgún que outro fracaso, pero, en todo caso,  tamén compartido. Porque é un pracer traballar ao seu lado. Polos bos momentos e pola súa axuda para soportar os malos. Porque nada disto podería conseguirse sen eles. Por todo iso, quero compartir convosco un escrito que, seguramente coñecedes, xa que leva circulando por internet dende hai varios anos. Trátase de  Eses  tolos que ensinan . E eu quero dedicarllo con cariño, respecto e admiraci...