Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2012

Leo con Lula

Imaxe
Leo con Lula é o nome dun blog enfocado a traballar o método global de lectura con persoas con Trastorno de Espectro Autista. O proxecto apoiáse nas TIC, especialmente na pizarra dixital, aínda que tamén pode funcionar en ordenador. Como base do apoio visual utiliza os pictogramas de ARASAAC. Vai dirixido a persoas con autismo que, ou ben se inician na lectoescritura, ou ben non tiveron éxito con outros procedementos convencionais. Tamén pode ser aplicable a outras persoas con limitacións na comunicación. Ten varios apartados que explican as distintas fases do método e unha zona de descargas. As autoras, Lupe Montero e Laura Muniño, mestras do Centro Educativo APNABA (Badajoz), contan con gran experiencia no traballo con nenos destas características. Este proxecto foi premiado na III Edición do Premio Talita Impuls como mellor experiencia docente de integracion das TIC para alumnado con neae.

A Biblioteca para os nenos/as do mundo

Imaxe
Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro. Que mellor que celebralo lendo e , por si non tendes algún libro a man, déixovos o enlace da Biblioteca Dixital Internacional para nenos. Esta páxina tenta construír unha biblioteca virtual de libros de todas as culturas e os idiomas, co fin de que todos os nenos poidan apreciar a riqueza da literatura infantil e de fomentar a diversidade cultural. Feliz día do Libro!

ALUMNADO CON NEAE POR CONDICIÓNS PERSOAIS OU DE HI...

Imaxe
orientacioncondesa: ALUMNADO CON NEAE POR CONDICIÓNS PERSOAIS OU DE HISTORIA ESCOLAR : Un alumno pode presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de condicións persoais ou de historia escolar cando manifesta dificultades na evolución das súas aprendizaxes e na adquisición de obxectivos e competencias por motivos de saúde, por pertenza a determinados grupos sociais ou minorías étnicas, por situacións socioculturais desfavorables, por escolarización desaxustada ou pola combinación de varios dos motivos mencionados. Ademais e ntre este alumnado podemos considerar: o alumnado en situación de absentismo, abandono escolar temperán e/ou desescolarización; o alumnado que precisa atención educativa hospitalaria e domiciliaria; o alumnado menor sometido a medidas de responsabilidade penal; o alumnado sometido a medidas de protección e tutela; o alumnado afectado por medidas de violencia de xénero e/ou acoso escolar; o alumnado pertencente a familias itinerantes; a aten

ALUMNADO CON DISCAPACIDADE VISUAL

ORIENTACIONCONDESA: ALUMNADO CON DISCAPACIDADE VISUAL :  Cando falamos dun alumno con discapacidade visual, referímonos a unha persoa  con alteracións nas funcións sensoriais visuais, ben na estrutura do ollo ou ben no sistema nervioso, que a limitan na realización daquelas actividades que impliquen o uso da visión. Engloba calquera tipo de problema visual grave, xa sexa carencia ou limitación da capacidade de visión. Nesta páxina poderás atopar información sobre: CONCEPTO E SIGNOS DE ALERTA GUÍAS FAMILIAS TECNOLOXÍAS DE APOIO SISTEMA BRAILLE ENLACES LIBROS AUDIOLIBROS AUDIOCONTOS XOGO APLICACIÓNS VIDEO

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE  (Extracto do Decreto 229/2011 do 7 de decembro ) Enténdese por  medidas de atención á diversidade  aquelas actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado. Estas medidas clasifícanse en  ordinarias  e  extraordinarias  e estarán recollidas no  Plan Xeral de Atención á Diversidade e  nas concrecións anuais de dito plan Medidas ordinarias Considéranse medidas ordinarias de atención á diversidade todas aquelas que faciliten a adecuación do currículo prescritivo, sen alteración significativa dos seus obxectivos, contidos e criterios de avaliación, ao contexto sociocultural dos centros educativos e ás características do alumnado.  Estas medidas teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e están destinadas a facilitar a consecución dos obxectivos e competencias es

ALUMNADO CON DISCAPACIDADE MOTORA

Imaxe
ORIENTACIONCONDESA: ALUMNADO CON DISCAPACIDADE MOTORA : Considéranse alumnos con discapacidade motora aqueles que presentan dificultades motrices, transitorias ou permanentes, debido a alteracións no sistema osteoarticular, muscular e/ou nervioso e, que en grao variable, supón certas limitacións á hora de enfrontarse a algunhas actividades. Nesta páxina podes atopar información sobre: CONCEPTO E SIGNOS DE ALERTA GUÍAS PARA AS FAMILIAS GUÍAS PARA O PROFESORADO COMUNICACIÓN ALTERNATIVA E AUMENTATIVA CONTOS APLICACIÓNS PROGRAMAS DE TECNOLOXÍAS DE APOIO ADAPTACIÓNS VARIOS ENLACES CANCIÓN VÍDEOS

Blogs recomendados

Imaxe
Na entrada de hoxe recoméndovos dous blogs educativos que creo que poden ser de gran interese. Se os visitades atoparedes gran cantidade de ideas, recursos, materiais e experiencias que poden ser útiles para as vosas clases. Un deles é La conquista de las palabras , espazo da pedagoga e escritora Mª José Marrodán, que contén materiais e experiencias para alumnado de infantil, primaria e secundaria. Se decides pasarte por alí podes atopar materiais, experiencias e artigos sobre distintos temas, documentos para as familias, actividades para conmemoracións, recomendacións sobre libros de lectura... para alumnado de infantil, primaria e secundaria. O outro blog é Recursos educativos para mestres , nel podedes atopar multitude de entradas que tratan desde as TIC ata lexislación, escola na casa, atención a diversidade, convivencia, software libre.. Espero que vos sexan de proveito.

ALUMNADO CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

Imaxe
ORIENTACIONCONDESA: ALUMNADO CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL : Entendemos que un alumno ten discapacidade intelectual cando, desde antes dos dezaoito anos,  ten un funcionamento intelectual  significativamente inferior á media e dificultades nas súas condutas adaptativas que se manifestan en habilidades conceptuais, sociais e prácticas. Nesta páxina atoparás información sobre: CONCEPTO E SIGNOS DE ALERTA GUÍAS FAMILIA GUÍAS PROFESORADO SÍNDROME DE DOWN CONTOS DISCAPACIDADE INTELECTUAL E TIC EDUCACIÓN INCLUSIVA ENLACES VIDEOS

Aprender a estudar

Imaxe
Unha das competencias básicas que debe adquirir o alumnado é a de aprender a aprender. Si un alumno acada esta competencia será quen de adquirir o coñecemento dun xeito autónomo, terá conciencia da súa propia capacidade e das estratexias que debe desenvolver para aprender. Para adquirila é fundamental estar motivado cara a aprendizaxe e saber utilizar adecuadamente as técnicas de estudio. As técnicas de estudio son tarefas que realiza o alumnado cando estuda, como por exemplo explorar o texto, lelo, repetir, subliñar, resumir, esquematizar... Estas accións chegan a formar parte da súa rutina de traballo. Mediante as técnicas de estudio podemos crear un hábito e mellorar os resultados do alumnado. É moi importante traballalas desde o principio, co fin de conseguir que os nosos alumnos as empreguen para acadar os seus obxectivos dun xeito autónomo. Cando un alumno é quen de seleccionar que técnica debe usar ante unha tarefa determinada, é dicir, sabe como afrontar unha tarefa,

Das TIC ás TAC

Imaxe
Cando xa controlábamos isto das TIC, aparecen no panorama educativo unhas novas siglas que ameazan con cambiar a perspectiva coa que nos enfrontamos ás tecnoloxías da información e comunicación. Desde vai un tempo, comézase a falar da escola das TAC, ou do que é o mesmo, das Tecnoloxías de Aprendizaxe e Coñecemento. Cando falamos de TIC estamos a facer fincapé na aprendizaxe da tecnoloxía. Incidimos na competencia dixital, na dotación de material, na inclusión para que todos teñan acceso a estes recursos. O maior interese ponse en que profesorado e alumnado dominen estas tecnoloxías, pero, ás veces, esquecendo a metodoloxía. Cando falamos das TAC estamos a facer fincapé en aprender a través da tecnoloxía. Como ben resume Jordi Vivancos de igual modo que a música non é o piano, as TAC non son a tecnoloxía, senón o que o profesorado fai con ela. É un feito que existe gran abundancia de ferramentas e recursos. Tamén é incuestionable que nós, como profesores, debemos estar ao día.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Imaxe
Actualmente a lexislación sobre diversidade deixou de entendela como algo excepcional para convertela na norma: cada alumno é diverso e heteroxéneo,  ten distintas características, necesidades, ritmos, estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais. Para atender a este alumnado diverso temos que axustar a resposta educativa a cada alumno, de xeito que cubramos as necesidades individuais do conxunto global do alumnado. T odo un reto. Precisamos poñer en xogo todos os elementos organizativos e metodolóxicos, en aras de cubrir as necesidades educativas específicas ou non específicas que presenten os nosos alumnos. A atención á diversidade é responsabilidade de todos e cada un dos profesores do centro, asesorados polos profesionais da orientación e apoiados polas accións realizadas neste ámbito polos equipos directivos. Educar na diversidade supón unha escola para todos, na que todos teñan cabida coas súas características individuais. Unha escola, na que se

Calendario para traballar as competencias

Imaxe
Gustaríame compartir convosco este calendario para o ano 2012 publicado pola CEAPA en que cada mes vai ligado a unha competencia básica. A través do mesmo ensina as familias como traballar as competencias dun xeito lúdico no día a día. Para iso, cada día suxire unha actividade a realizar. Moi interesante!  Descargádeo aqui:. Calendario da CEAPA

ALUMNADO CON DIFICULTADES ESPECÍFICAS DE APRENDIZA...

Imaxe
ORIENTACIONCONDESA: ALUMNADO CON DIFICULTADES ESPECÍFICAS DE APRENDIZAXE : Considérase que un alumno presenta dificultades específicas de aprendizaxe cando o seu rendemento en relación á adquisición e uso dunha ou varias das capacidades de comprensión e expresión oral, lectura, escritura, razoamento e cálculo matemático é significativamente discrepante co seu potencial de aprendizaxe . Nesta páxina podes atopar información relativa a: CONCEPTO E DETECCIÓN INTERVENCIÓN EDUCATIVA RECURSOS ENLACES VÍDEOS

ALUMNADO CON ALTAS CAPACIDADES

Imaxe
ORIENTACIONCONDESA: ALUMNADO CON ALTAS CAPACIDADES : Unha persoa presenta altas capacidades intelectuais cando manexa e relaciona, de maneira simultánea e eficaz, nun nivel sensiblemente superior á media, recursos cognitivos verbais, numéricos, lóxicos, memorísticos, espaciais e creativos. Considérase talentoso o alumnado que destaca especialmente e de maneira excepcional no manexo dun ou varios destes recursos. Nesta páxina poderás atopar información sobre os seguintes aspectos: CONCEPTO E DETECCIÓN GUÍAS PARA AS FAMILIAS GUÍA E ESTRATEXIAS PARA O PROFESORADO AVALIACIÓN E PROBAS XOGO VIDEO ENLACES

ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA

Imaxe
ORIENTACIONCONDESA: ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA : ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA Enténdese por alumnado de incorporación tardía , aquel que procede do estranxeiro e presenta todas ou algunha das seguintes circunstancias: descoñecemento das dúas linguas oficiais de Galicia, desfase curricular significativo e/ou graves dificultades de adaptación.  Nesta páxina atoparás información sobre: EDUCACIÓN INTERCULTURAL RECURSOS AVALIACIÓN INICIAL E COMPETENCIA CURRICULAR ENLACES

PAUTAS PARA PREVIR O ACOSO DESDE A FAMILIA

Imaxe
El acoso escolar y la prevención de la violenci a desde la familia é unha guía elaborada pola Consejería de Familia y Asuntos Sociales de Madrid que pretende axudar á familia e á escola a detectar, previr e tratar os problemas relacionados co acoso escolar e outras formas de violencia Para acceder pincha aqui