UN SAMAÍN SEN MEDO
Aproveitando a celebración do Samaín, no cole decidimos realizar varias actividades en torno ao medo e á súa superación. Para moitos nenos/as é unha festa divertida, motivo de alegría, pero para outros esta festividade é un motivo de ansiedade, pois non poden evitar sentir medo. Precisamente coa finalidade de ensinarlles estratexias que lle axuden a manexar esta emoción, programamos unha charla sobre o medo. Comparto convosco a presentación da mesma.