Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta periodo de adaptacion

BENVIDOS Á ESCOLA!

Imaxe
O pasado martes demos a benvida ás familias de novo ingreso do alumnado de Educación Infantil de 3 anos. O obxectivo prioritario  da reunión é que as familias coñezades de primeira man que vai supor a entrada á escola na vida dos vosos fillos. Para que vos sintades confiados e seguros é necesario r esolver as posibles dúbidas que se vos plantexen ante a súa escolarización e que saibades cal é o  funcionamento interno do centro. Ademais é un xeito de  transmitirvos unha serie de recomendacións para poñer en práctica durante o verán e facilitar así a entrada na escola. Como dixemos na reunión:  "O período de adaptación comeza dende xa!" Tal e como quedamos, comparto convosco o guión da presentación e un pequeno resumo coa información máis importante do período de adaptación e as recomendacións a seguir cos vosos fillos. Espero que vos sexa de utilidade. Información sobre o período de adaptación Recomendacións para as familias

ORIENTACIÓNS PARA A ADAPTACIÓN AO COLEXIO DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO DE TRES ANOS

Imaxe
O pasado 6 de setembro, as familias que matriculastes aos vosos fillos e fillas de tres anos neste colexio, tivestes unha nova reunión  para coñecer ás profesoras de infantil de tres anos e para escoitar unha serie de normas e recomendacións destinadas a facilitar a entrada no colexio dos vosos fillos e fillas. Como xa sabedes, co período de adaptación  pretendemos que as familias vos sintades seguras e confiedes nos profesionais que van educar aos vosos fillos/as, así como que os alumnos/as de novo ingreso establezan lazos afectivos co seu profesorado e cos seus iguais, coñezan o espazo no que vai transcorrer gran parte do seu día e acepten as novas normas e  rutinas escolares. A continuación, abordaremos  algúns destes aspectos para que non os esquezades: O inicio na escola dos vosos fillos e fillas é algo natural, polo que non debedes vivilo como algo traumático. Procurade desenvolver actitudes positivas respecto da escola, así os vosos fill...

BENVIDA ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE NOVO INGRESO

Imaxe
Hoxe demos a benvida ás familias dos nenos de educación infantil que este ano se incorporan ao noso colexio.  Aínda que xa estiveron connosco en fin de curso, hoxe volveron para coñecer máis a fondo ás profesoras dos seus fillos, os horarios do período de adaptación e outros pequenos detalles, non por iso menos importantes, que o equipo de infantil quixo transmitirlles. Cremos que é moi interesante realizar estas reunións para que as familias coñezades ao profesorado do centro, porque, dese modo, vos será máis doado deixar aos vosos fillos en "mans descoñecidas" e, canta máis tranquilidade demostredes, maior seguridade lle transmitiredes aos vosos fillos. Como orientadora do centro non me quixen perder esta reunión e aproveitei para dar a coñecer ás familias a existencia do Departamento de Orientación e como e cando poden poñerse en contacto con este. Ademais informouse aos pais de que, e n breve, as profesoras e a orientadora, manteremos outra reunión, co fin de...