PREVENCIÓN, DETECCIÓN E INTERVENCIÓN EN CASOS DE IDEACIÓN SUICIDA NO ÁMBITO EDUCATIVO
Guía para centros escolares con pautas para a prevención do suicidio no ámbito educativo.
Elaborouna un Grupo de traballo integrado no Observatorio Aragonés pola Convivencia, baixo a coordinación do Departamento de Educación do Goberno de Aragón.
Como se pode ler na introdución do documento, este pretende poñer a disposición dos centros educativos unha ferramenta de información sobre a problemática do risco suicida na infancia e adolescencia, promover mecanismos de prevención e de protección e proporcionar pautas de actuación claras e sinxelas que permitan a toma de decisións inmediatas.
Ademais a guía trata conceptos clave para comprender o problema, para identificar as crenzas erróneas sobre o suicidio, proporciona estratexias para detectar factores de risco e sinais de alerta no alumnado, así como determina as accións para previr o risco de suicidio e dá pautas de actuación para intervir no caso de ideación suicida dun alumno/a.
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas deixar o teu comentario