IN MEMORIAM
José botoulle un pulso á vida. Un pulso que durou 14 anos, contra todo prognóstico. Foi moito o que recibiu de todas as persoas que o queríamos, pero moito máis o que nos ensinou a todos aqueles que compartimos parte da súa vida. Ensinounos a mirar o mundo a través dos seus ollos, a que para comunicarse non é necesario falar, a aceptar, compartir e convivir coa "diferenza", clave na construcción dunha sociedade máis xusta e progresista. Así que temos moito que agradecerlle porque, sen pretendelo, fíxonos a todos máis grandes. Ninguén como David, o noso compañeiro e particular escritor, para expresar con palabras o sentir da comunidade educativa e para explicarnos por que o noso José non se foi de todo, aínda que xa non estea aquí. "Ola Xosé: Esta mañá, ao chegar ao cole, escoitamos que te foras. Non é verdade, asegúrocho. Non é verdade. Non pode selo, xa que todos e todas te levaremos moi dentro por máis tempo que pase. A maior parte dos mes...