Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

VOLVEMOS PASEAR

Imaxe
A partir deste domingo os nenos e nenas, despo is de varias semanas de confinamento, poderedes saír de novo á rúa. Sei que algúns de vós estades un pouquiño  preocupados porque, ata agora, as persoas adultas estivémosvos dicindo que saír á rúa era un perigo para vós mesmos e para os demais. Nas vídeo-conferencias cos vosos/as profes, moitos/as de vós fixéstesnos partícipes do temor de volver a saír á rúa: "E se me contaxio? E se  contaxio a algún membro da miña familia?" Esas foron algunhas das preguntas que nos fixestes. É normal. Ata o de agora estabámosvos dicindo unha cousa e, de súpeto, a mensaxe que vos transmitimos é a contraria.  Os adultos agora dicimos que podedes saír. E vós preguntarédesvos: Se o virus segue aí, entón porqué saímos? Pois veredes, farédelo porque os que máis saben disto din que será bo para a vosa saúde física e mental.  Moitos  de vós queixabádesvos de dores de barriga, de cabeza, de non poder durmir ou de durmir mal, de ter

QUE AS TÚAS EMOCIÓNS NON QUEDEN CONFINADAS

Imaxe
Manual para axudarlle aos nenos e nenas a expresar,  de xeito saudable e divertido, as  emocións que xorden durante o confinamento.  A autora da guía é a psicóloga Vanessa Bielsa e as ilustracións son de Miguel Bielsa.  Publicado polo Instituto Aragonés de la Mujer.  Para acceder á guía, pincha na imaxe.

GUÍA PARA FAMILIARES EN DUELO POR COVID-19

Imaxe
Comparto convosco esta guía dedicada ás persoas que, por desgraza, están a pasar por unha situación de duelo debido a morte dun ser querido por COVID-19. O documento elaborouno o Grupo de Trabajo de Duelo y Pérdida de la Delegación de Sevilla del COP Andalucía Occidental.  Pretende acompañar no sentimento a todas esa persoas e mitigar a soidade que poidan sentir.  Ademais tenta dar unhas pautas, para os adultos e para os nenos/as, co fin de axudar a afrontar o duelo pola morte dun familiar. Si a despedida dunha persoa querida xa é u proceso difícil, hai que engadirlle a  situación de distanciamento social que estamos a vivir como consecuencia do confinamento, que a altera por  completo e faina máis difícil. Pinchade na imaxe para acceder á guía.

GUIA PARA O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL NA INFANCIA DURANTE O PERÍODO DE CONFINAMENTO

Imaxe
Interesante documento,  dirixido a educadores e familias, elaborado pola psicóloga  Estela Mediavilla Espinosa e publicado polo Ayuntamiento de Rota. A guía pretende ofrecer ás persoas adultas recursos e ferramentas para axudar aos nenos/as a enfrontar a situación de confinamento,  coidando especialmente a conexión emocional para seguir sendo unha base segura para eles/as e para que este período sexa máis levadeiro para os neno/as. Para acceder a guía pincha na imaxe

QUERO SAÍR!

Imaxe
O deseñador @NicoOrdozgoiti e a súa muller, Cova Díaz,  publicaron en Twitter un conto para explicarlle ao seu fillo de tres anos porque non pode saír de casa durante o período de confinamento pola crise sanitaria do COVID-19. A continuación reproduzco o fío onde presentan o conto, ninguén mellor que eles para explicalo Lo quería compartir por si a alguien le ayuda (al final del hilo hay un WeTransfer para descargarlo en PDF) 👇 — Nico Ordozgoiti (@NicoOrdozgoiti) April 1, 2020 pic.twitter.com/pcYqay09kj — Nico Ordozgoiti (@NicoOrdozgoiti) April 1, 2020 pic.twitter.com/YOuGgEJ8Lz — Nico Ordozgoiti (@NicoOrdozgoiti) April 1, 2020 pic.twitter.com/XYgPhi2UbX — Nico Ordozgoiti (@NicoOrdozgoiti) April 1, 2020 pic.twitter.com/G2y9fUTVt3 — Nico Ordozgoiti (@NicoOrdozgoiti) April 1, 2020 pic.twitter.com/zfNEQ1rikS — Nico Ordozgoiti (@NicoOrdozgoiti) April 1, 2020 pic.twitter.com/ZAqOvA0WOG — Nico Ordozgoiti (@NicoOrdozgoiti) April 1, 2020 pic.

2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Imaxe
Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Desde este blog, queremos facer unha pequena contribución para conmemorar esta data.  Para min resulta inevitable relacionar a conmemoración deste ano co momento que estamos a vivir debido ao confinamento polo COVID-19. Nos últimos días, todos escoitamos noticias nas que se relataba como persoas con TEA e os seus acompañantes eran increpados cando saían á rúa. Sirva esta entrada para concienciar a poboación sobre esta necesidade do colectivo TEA que a lei ampara. As persoas con autismo teñen a necesidade de realizar saídas por saúde, para evitar alteracións significativas do seu comportamento. E, ademais, teñen permiso para dar eses paseos terapéuticos sos ou acompañados. Teñen dereito a circular pola vía pública coa comprensión e respecto do resto da poboación, sen necesidade de utilizar un identificativo que lle permitan exercer este dereito. Evitemos xulgar aos demais sen ter coñecemento.