Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2019

GUÍA METODOLÓXICA SOBRE DIFICULTADES DE APRENDIZAXE

Imaxe
Guía editada pola Consellería de Educación da Rexión de Murcia que ofrece ao profesorado e ás familias que teñen nenos/as con dificultades específicas de aprendizaxe, estratexias e recursos para poder axudar a estes nenos/as a aprender dun xeito o máis cercano posible ao seu verdadeiro potencial de aprendizaxe. Pincha na imaxe para acceder ao documento

GUÍAS SOBRE DIFICULTADES ESPECÍFICAS

Imaxe
Guía sobre Dificultade Específica da Aprendizaxe da Lectura para a Comunidade Educativa e anexo con orientacións para as familias , editadas pola Consellería de Educación da Generalitat Valenciana. Guía sobre Dificultades Específicas na Linguaxe e Comunicación para a Comunidade Educativa

GUÍA ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

Imaxe
Guía de Altas Capacidades orientada á comunidade educativa editada pola Consellería de Educación da Generalitat Valenciana.

GUÍAS TDAH PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Imaxe
Guías sobre TDAH editadas pola Consellería de Educación da Generalitat Valenciana. TDAH: Guía para a comunidade educativa TDAH: Guía para a atención educativa nos ciclos formativos de Grao Medio

GUÍAS TRASTORNO DE ESPECTRO AUTISTA PARA A FAMILIA E A COMUNIDADE EDUCATIVA

Imaxe
Interesantes guías editadas  pola Consellería de Educación da Generalitat con información e recursos de interese para a familia e a escola TEA:  Guía para as familias  TEA: Guía para a comunidade educativa

GUÍA DE ENSINANZA DO INGLÉS PARA ALUMNADO CON DISLEXIA E OUTRAS DEA

Imaxe
A Comunidade de Murcia editou a Guía de ensinanza do inglés para alumnado con dislexia e outras DEA . Nela pode encontrarse información xeral sobre a dislexia e como detectala,  orientacións metodolóxicas e técnicas para traballar o vocabulario e as catro destrezas principais: listening, speaking, reading e writing.  Tamén aborda a avaliación e dá pautas para elaborar adaptacións curriculares e plans de traballo individualizado. Así como ofrece exemplos de actividades e bibliografía sobre o tema.  Fonte: Portal Educarm