Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta paso a secundaria

IMOS AO INSTITUTO: INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS E ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Imaxe
  O pasado 15 de xuño despedimos aos nosos alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria nunha fermosa  e emotiva festa de graduación. Nervios, tristura... pero tamén moita ilusión ante  a nova etapa que comeza . Desde o colexio, queremos acompañarvos na transición de  Primaria a Secundaria, por iso, ao longo do 2º e 3º trimestre deste curso, levamos a cabo unha serie de actividades que  forman parte do programa de transición a ESO, que se realiza conxuntamente co instituto ao que estamos adscritos: Visita do alumnado ao novo centro para coñecer as aulas, as instalacións etc. Reunión entre o equipo docente de 6º, a orientadora e a xefa de estudos do Instituto, co fin de coordinar o cambio de etapa. Charla no instituto dirixida ás familias coa finalidade de que obteñades toda a información que precisades (martes 27 de xuño, ás 19:00 horas). Mentres tanto, deixámosvos información co fin de facilitar o coñecemento da  nova etapa e a transición a Secundaria....

DE PRIMARIA A ESO

Pode que este sexa o fin de curso máis atípico que vivíramos ata o momento. Acaban as clases, pero sen regresar ás aulas.  Toca despedirse do curso que remata, pero no voso caso tamén do cole no que pasastes os últimos anos. A este curso estrano faltáronlle moitas cousas, entre outras a despedida presencial que a todos nos houbera gustado: con festa, bicos e apertas.  Mais o confinamento motivado pola crise do coronavirus fixo que a vosa despedida do colexio e dos vosos compañeiros/as fose virtual e moi distinta a como acostumamos celebralo no colexio. Pero tamén única e especial! As despedidas sempre nos poñen un pouco tristes, sen embargo esta ten que ser motivo de alegría, porque coroa todo o traballo que levades realizado e porque pecha  unha etapa, pero dá comezo a outra tamén  chea de cousas bonitas.  Toda a sorte do mundo na vosa nova andaina!   Como sabedes, a próxima semana teremos unha videoconferencia coas vosas familias para falar do paso a Educ...

CUADERNOS DE ORIENTACIÓN APOCLAM 2017-2018

Imaxe
Cuadernos de Orientación APOCLAM, en formato descargable, con información útil para profesorado, alumnado y familias. Los contenidos han sido revisados para adaptarlos a la última normativa. Abarcan desde 6º de Educación Primaria a Bachillerato y Formación Profesional.  El cuaderno de 6º de Primaria está pensado para trabajar con los alumnos/as la toma de decisiones, el autoconcepto y la transición a la Educación Secundaria Obligatoria. Fuente: APOCLAM

PASO A SECUNDARIA

Imaxe
Hoxe despedímonos dos nosos alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria nunha fermosa  e emotiva festa de graduación. Nervios,temores... pero tamén moita ilusión ante  a nova etapa que comeza. Como sabedes, para facilitar o cambio levamos a cabo unha serie de actividades que  forman parte do programa de transición a Secundaria, que realizamos conxuntamente co instituto ao que estamos adscritos: Visita ao novo centro para coñecer as aulas, as instalacións etc. Visita de antigos alumnos/as que, no curso actual, cursaron 1º de ESO para responder moitas das preguntas e resolver as dúbidas que poden xurdir ante o cambio. Charla para as familias coa finalidade de obter toda a información que precisades. Desde o pasado curso, a charla  ten lugar no propio instituto. Reunión entre o equipo docente de 6º e a xefa de estudos do Instituto, co fin de coordinar o cambio de etapa. Ademais quixera compartir con todos vós estes documentos e recomendacións. Espero q...

O PASO DE 6º A 1º DE ESO

Hoxe, día 27 de maio, o profesorado titor dos sextos, a coordinadora do 3º ciclo e a orientadora temos unha reunión coas familias do alumnado de sexto, co fin de informalas sobre a nova etapa que comezan os seus fillos. Charlaremos sobre os cambios que se producen na adolescencia, sobre o cambio de etapa educativa, as características da mesma e ofreceremos pautas orientativas para afrontar esta nova etapa con tranquilidade e optimismo. Por si acaso non podedes acudir á charla, déixovos unha presentación  que resume os temas máis importantes tratados na reunión. Para saber máis: Guía de orientación: De 6º a 1º Adolescentes: Guía para padres y madres Los porqués del adolescente El paso a la secundaria Páxina web do IES "Lauro Olmo" , centro ao que está adscrito o CEIP "Condesa de Fenosa".

GUÍA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA: DE 6º A 1º

Imaxe
El Ayuntamiento de San Sebastián de los Reyes ha presentado recientemente una Guía de Orientación Educativa, con el objetivo básico de facilitar la transición de Primaria a Secundaria. Para ello recopilan en este documento información básica sobre los cambios que se producen en el alumnado durante la adolescencia, sobre el cambio de etapa educativa y la trayectoria de la nueva etapa que comienza, así como pautas orientativas: hábitos saludables, cómo debe estudiar o cómo puede participar la familia en esta etapa. Aunque la guía se dirige al alumnado y las familias de San Sebastián de los Reyes, la mayor parte de sus contenidos son extrapolables a otras familias que se encuentren en la misma situación. Así que espero que os resulte de  interés! Para acceder a la guía, pincha aquí

O PASO A SECUNDARIA: CHARLA PARA AS FAMILIAS

Xa estamos no último trimestre do curso. Para o alumnado de 6º, e para as súas familias, é tamén o último curso de Primaria. Como en todos os momentos de cambio, xorden dúbidas e inseguridades sobre a nova época que se inicia. Co obxectivo de orientar aos pais e nais do alumnado de  6º curso o pasado martes, realizamos esta reunión na que a bordamos aspectos relacionados coa educación secundaria e a súa estrutura;  coa solicitude de praza e a  matrícula; co as características da nova  etapa que se inicia e as súas diferencias coa etapa de Primaria...  En definitiva falamos sobre as as vosas  preocupacións neste momento de cambio e ofrecemos unha serie de pautas para afrontalo con seguridade e optimismo. Moitas grazas a todos vós pola asistencia e e spero que vos sexan de utilidade!!!