Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2012

"DIFERENTES"

Imaxe
O pasado día  29 de maio, OHL e a Fundación Adecco presentaron en Madrid a guía ilustrada "Diferentes". Esta publicación pretende explicar  aos nenos de entre catro e oito anos en que consiste a diversidade e faino dun xeito moi gráfico e visual, a través dos debuxos do ilustrador catalán, Miguel Gallardo e da terapeuta familiar e especialista en discapacidade, Angels Ponce. Dá unha sinxela visión da diversidade e preséntaa como unha realidade que moitas veces non é fácil,  pero que sempre é enriquecedora. Dun xeito ameno e comprensible para os pequenos ofrece unha visión normalizadora e positiva, fronte a visión negativa e estereotipada que acostuma acompañar á discapacidade. Non só é unha guía para nenos, tamén vale para os adultos, para facernos comprender  a todos que temos cousas en común e cousas que nos fan únicos e irrepetibles.  A continuación deixo o enlace á guía. DIFERENTES Parte 1 Parte 2

LOS COLORES DE LAS FLORES

Imaxe
"Los colores de las flores" é un emotivo e fermoso video realizado por JWT Madrid como parte da campaña da ONCE a  favor da inclusión educativa. Nel nárrase a historia de Diego, un neno escolarizado no colexio do seu barrio que un día debe enfrontarse a unha tarefa que supera grazas ao seu interese e imaxinación e  coa axuda dos seus iguais, da súa familia  e do profesorado. O audiovisual pretende amosar como é  a realidade destos alumnos dentro das aulas. Por iso os protagonistas deste vídeo  non son actores, senón persoas reais. Pretende sensibilizar á poboación sobre o feito de que as persoas con discapacidade visual deben escolarizarse nos centros educativos ordinarios, que deben integralos, á vez que dar respostar as súas necesidades específicas.  Este video é o gañador do premio AMPE (As ociación de Medios Publicitarios de España) do ano 2012.

O MAIOR PORTAL DA EDUCACIÓN ESPECIAL

Imaxe
Páxina que pretende recompilar todos os recursos relacionados coa Educación especial que podemos atopar na rede. É un portal independente sen ánimo de lucro con recursos e enlaces gratuítos, posto que o creador deste blog aboga pola erradicación especulativa no sector da discapacidade. Posúe unha base de datos con máis de oitocentas entradas sobre síndromes minoritarios. Pincha na imaxe para acceder á páxina.

CESC: CONDUTAS E EXPERIENCIAS SOCIAIS NA CLASE

Imaxe
CESC (Conductas y Experiencias Sociales en Clase)  é un cuestionario que pon a nosa disposición a Rede de Orientación Provincial de Málaga para avaliar as relacións entre iguais dentro da aula. Serve para realizar sociogramas e obter un mapa relacional da clase que nos permita axustar a nosa intervención. Está pensado para utilizarse co alumnado desde oito ata catorce anos. Na páxina hai instrucións con información sobre o seu uso, corrección e interpretación.    

"DELHUYANDO" POLOS DEMAIS

Imaxe
No blog de Fernando Navarro atopei esta interesante guía sobre o alumnado axudante, publicada por Fermín Izquierdo da Rioja. Nela desenvólvese un completo programa de formación do alumnado que quere realizar o labor de acompañamento entre iguais, que quere "delhuyar" polos demais. Con este manual de instrucións preténdese que o alumnado mediador aprenda a observar, a empatizar, a escoitar activamente co obxectivo último de resolver os problemas. Este programa do IES "Hermanos D'el Huyar" de Logroño foi o primeiro premio do Concurso de Boas Prácticas Educativas, organizado polo ministerio de Educación,  na modalidade de secundaria. A guia busca fomentar a convivencia a partir da formación do alumnado para crear unha rede de apoio destinada a aquelas persoas que teñan maiores dificultades. Déixovos un enlace á mesma.

AVALIACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DOCENTE

Imaxe
A Junta de Castilla y León dentro do seu Plan de Formación pon á disposición dos docentes da súa comunidade (Rede XXI ) un cuestionario para avaliar a competencia dixital do profesorado. Consta de catro partes e, unha vez rematado, nos indica o nivel no que estamos (inicial, medio ou avanzado). Ademais suxire posibles actividades de formación. Aínda que está pensado para unha determinada comunidade é extrapolable para usar por calquer docente que pretenda autoavaliarse neste ámbito e tomar as medidas oportunas para mellorar a súa práctica educativa. Plan de Formación del Profesorado (Red XXI)

LETRAS GALEGAS 2012

Imaxe
As nosas letras están de festa e para celebralo nos colexios estanse a realizar unha chea de actividades sobre a figura de Valentín Paz Andrade. A continuación preséntanse  os enlaces aos traballos e actividades de distintos centros recollidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística na páxina de Bibliotecas Escolares LIM sobre Valentín Paz Andrade. CEIP Condesa de Fenosa (O Barco, Ourense) Liña do tempo de Valentín Paz Andrade  . CEIP Condesa de Fenosa (O Barco, Ourense) Telexornal Paz Andrade realizado no CEIP Dices (Rois) Actividades Letras Galegas. CEIP Mestre Valverde Mayo (Mos, Pontevedra) Selección de recursos para as Letras Galegas 2012. CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra) Valentín Paz Andrade, home da cultura galega. CEIP Rosalía de Castro (xinzo da Limia, Ourense) Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade. IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña) De Rosalía a Paz Andrade. IES Torrente Ballester (Pontevedra) Webquest Valentín Paz Andrade. IES

QUE RETUMBEN NUESTROS GOLPES EN TODOS LOS RINCONES

Imaxe
Os pasados días a banda Motxila21 presentou o seu primeiro videoclip, un espectacular traballo realizado por mozos con síndrome de Down e varios colaboradores entre os que se atopan doce rapaces con este síndrome e os músicos  Enrique Villareal, El Drogas (ex de Barricada) e o Piñas y Kutxi (integrantes do grupo Marea). O grupo naceu como froito dunha iniciativa que xurdeu  na Asociación Navarra de síndrome de Down xa vai uns anos. A realización do videoclip parte do desexo dos mermbros do grupo e dentro do marco do proxecto "Muévete" que busca espertar  a conciencia social e sensibilizar ante as persoas con discapacidade. Non se me ocorre mellor presentación que a que eles mesmos fan na súa páxina de Facebook, que transcribo a continuación: " Motxila21 es un grupo de música formado por 12 chavales con síndrome de down y 7 voluntarios, surgido por el amor a la música y el esfuerzo de la superación. ... Son muchas las ocasiones en las que la gente suele pregun

"EL TEBEO DE LA ESPALDA"

Imaxe
Cada día é máis frecuente que os nosos pequechos padezan dor de costas. Os hábitos de vida sedentarios, o excesivo peso nas mochilas, a ignorancia duns bos hábitos de coidado da espalda son factores que teñen que ver con esa doenza. É un problema importante que pode chegar a ser crónico, condicionando o desenvolvemento posterior. El tebeo de la espalda é un cómic da Fundación Kovacs que ten a pretensión de previr os problemas de espalda nos escolares a partir da educación en hábitos saudables desde idades temperás. Ofrece medidas sinxelas e eficaces para evitar posibles doenzas futuras . Desde aqui axudamos a difundilo.

PROESCRI: PROBA DE AVALIACIÓN DOS PROCESOS COGNITIVOS NA ESCRITURA

Imaxe
PROESCRI é unha proba estandarizada para avaliar os  procesos cognitivos na escritura, pensada para alumnado de Primaria. Este instrumento editado polo Consejería de Educación do Goberno Canario inclúese dentro do Programa para la atención educativa al alumnado con altas capacidades e pretende analizar a competencia cognitiva na escrita en alumnos que, a pesar da súa condición intelectual, poidan estar presentando dificultades específicas de aprendizaxe na escritura. Pero, ademais, tamén serve como ferramenta de identificación das necesidades educativas do alumnado en xeral que poida requerir apoio educativo neste ámbito . A proba está formada por tarefas de distinta complexidade e avalía os procesos  motores, sintáctico, léxico e de planificación.  A estratexia que propón é descubrir cál é o proceso que presenta dificultades para tratar de  corrixilo. No documento inclúense: os baremos para cada curso escolar (de 1º a 6º); o caderniño de aplicación; os criterios de aplicaci

FERRAMENTAS DE XESTIÓN DOS RISCOS PSICOSOCIAIS NO SECTOR EDUCATIVO

Imaxe
Interesante páxina web da fundación para a prevención laboral, que proporciona á comunidade escolar ferramentas de xestión dos posibles riscos psicosociais no sector educativo. As ferramentas de traballo que presenta son as seguintes: Cuestionario de auto valoración de Riscos Psicosociais no ensino. Cuestionario de auto avaliación do burnout ou síndrome do queimado. "Test de saúde total" de Langner-Amiel. Protocolo de actuación fronte o acoso laboral (Mobbing). Protocolo de actuación  fronte o acoso escolar (Bullying). Documentación (pdf) Presentación animada sobre Riscos psicosociais no sector educativo Trátase dun instrumento preventivo que facilita a xestión dos posibles  problemas de carácter psicosocial e pretende facilitar a xestión destas situacións, promovendo un clima favorable que reverta na mellora da saúde e a seguridade da propia comunidade.

GUÍA PARA LA DETECCIÓN TEMPRANA

Imaxe
A  Guía para la detección temprana de discapacidades, trastornos, dificultades de aprendizaje y altas capacidades intelectuales, editada pola Consejería de Educación de Canarias, é un documento con cuestionarios e escalas de observación para pasarlle ao alumnado de infantil  4-5 anos e de 1º-2º curso de Primaria. A finalidade desta guía é detectar de xeito temperán as posibles dificultades do alumnado para aprender e  facilitar a intervención co alumnado que as presenta co fin de ofrecer unha resposta educativa máis efectiva que contribúa a subsanar estes posibles problemas. Aínda que está realizada acorde coa lexislación vixente na Comunidade Autónoma Canaria, moitos dos documentos poden ser aproveitables para o traballo orientador noutras comunidades.

PROYECTO AMBÉZAR 2

Imaxe
Interesante e completa aplicación realizada polo colectivo Ambézar . Este grupo de traballo está constituído por varios profesionais da educación que se dedican a xenerar ferramentas e recursos para a intervención educativa desde a perspectiva da orientación. Pretenden crear materiais que poidan servir de apoio para moitas das actividades que se xeneran no día a día en torno á diversidade. Ao mesmo tempo, o seu obxectivo é unificar criterios que faciliten aos profesionais da orientación dar unha resposta adecuada respecto á diversidade. A nova  aplicación, do ano 2010,  axústase á nova normativa de atención á diversidade e pretende servir de apoio ao profesorado en xeneral e aos profesionais da orientación en particular Ofrece  moitos e interesantes documentos, como: modelo de toma de decisións respecto á diversidade; formularios que recollen todos os aspectos que debe incluír un plan de atención á diversidade; documentos centrados nas competencias básicas para avaliar as necesi

9 de maio: Día de Europa

Imaxe
Aproveitando que hoxe se celebra esta efeméride déixovos o enlace da web Europa,  Zonainfantil. Este  portal  ofrécenos pasatempos, información, xogos, actividades, vídeos e debuxos animados sobre a unión europea. As actividades están pensadas para alumnado de idades comprendidas entre os seis e os dezaoito anos.  É un xeito ameno de achegar moitos contidos sobre os países europeos, o euro e moitas cousas máis ao noso alumnado. Ademais a aplicación se presta para traballar de xeito autónomo na clase e tamén na casa. Que os divirtades!

PROGRAMA INFORMATICO PARA XESTIONAR O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Imaxe
Na páxina OrientaPT podedes atopar un programa informático para xestionar o Departamento de Orientación que o seu autor, Roberto Maquieira García, quere compartir xenerosamente connosco. O programa consiste nunha base de datos adaptada para traballar na comunidade autónoma galega. Podedes acceder ao programa no seguinte enlace

COOMPONE

Imaxe
Coompone.com é un portal de escritura en grupo, que pode ser aproveitable como ferramenta 2.0 para traballar a elaboración de textos colaborativos na clase.   A través desta páxina web podemos conseguir fomentar o interese do alumnado pola escritura, facilitar o traballo en grupo e, ao mesmo tempo, desenvolver a creatividade e a capacidade para a composición literaria. Permite crear letras (poemas e letras de cancións de extensión reducida), pero dun xeito colaborativo e dinámico. Podemos continuar as propostas realizadas por outros usuarios ou ben iniciar nós as propias. Se somos nós os que comezamos o texto, os demais poden enviar distintas continuacións para o mesmo e nós escoller a máis votada ou a que máis nos guste. Os autores son todos aqueles usuarios que participaron no proceso de creación da letra. Temos a posibilidade de restrinxir a participación, de xeito que só poidan realizar propostas nunha letra os usuarios que nós invitemos. No portal da páxina propóñenese

Manual para familias con fillos conTrastorno Específico da Linguaxe

Imaxe
A Asociación Madrileña ATELMA publicou un Manual para as familias con fillos que presentan este problema na linguaxe.  Pretenden dar a coñecer este trastorno e servir como documento de apoio para as persoas que están en contacto con nenos que teñen trastorno específico da linguaxe, ben sexan familiares ou profesorado. ACCEDE A REVISIÓN 2013 PINCHANDO AQUÍ

MEKANTA, programa adaptado deseñado pola ONCE

Imaxe
O pasado mes de abril a ONCE presentou o seu programa MEKANTA. Este programa está pensado para que todos os nenos da aula, incluso os que teñen unha discapacidade visual, aprendan dun xeito lúdico a manexar o teclado do  ordenador. MEKANTA convértese pois nunha ferramenta útil para quen queira ensinar mecanografía desde idades  temperás. O programa tenta unir motivación, autonomía e accesibilidade. Ademais respecta o ritmo e o desenvolvemento motriz dos alumnos e as necesidades educativas inherentes ao alumnado que presenta discapacidade visual. Dun xeito dirixido vai propoñendo unha serie de actividades, xogos e leccións que introduce MEKANTA, un chimpancé da xungla. A través destas actividades preténdese que o alumnado adquira unha técnica correcta no manexo do teclado. O programa preséntase en formato CD e distribuirase gratuítamente  entre os distintos centros e  Equipos Específicos de atención educativa da ONCE. Ademais pode de scargarse desde o seguinte enlace que