Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2012

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES

Imaxe
Novo decreto polo que se  regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Se queres acceder ao mesmo, pincha no seguinte enlace:  Decreto 254/2012, do 13 de decembro  

QUE REGALAR NO NADAL?

Imaxe
Tradución ao galego do cartel orixinal de Sarai Llamas

PARA CONTAR NA CASA

Imaxe
Contar contos aos nosos fillos é unha actividade moi pracenteira. Contos arredor do microondas , pretende darnos pautas, consellos e estratexias para mellorar a nosa técnica de narrar contos na casa. É unha publicación do Departamento Didáctico de Merlín Comunicación en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística, que se encadra dentro do espectáculo O señor das dunas , un contaconto dirixido a todos os públicos que forma parte do programa FalaRedes. Pódese descargar premendo aqui E para darvos algunha idea sobre que contos podedes ler déixovos o enlace da Guía de recomendacións Decembro 2012 , elaborada polo Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Salamanca da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, con propostas de lectura

O LIBRO DOS REIS

Imaxe
"O Libro dos Reis" é un libro de discursos para os Reis Magos, editado por Galaxia, que conta con alocucións en galego realizadas por vinteseis coñecidas escritoras da literatura galega e con fermosas  ilustracións de Marina Seoane. Realizouse co obxectivo de facilitarlle aos Reis Magos a tarefa de falardes aos nenos nas cabalgatas. Para iso van distribuírse entre os distintos concellos pola Rede de Dinamización Lingüística. Ademais pódese utilizar tamén nas numerosas visitas que as Súas Maxestades realizan aos centros educativos ou, simplemente,  para gozar da súa lectura e da súa visión. Se vos interesa, podedes descargalo de balde, premendo aqui

EU FALO ASÍ

Imaxe
"Eu falo así" é un video no que o músico valdeorrés Magín Blanco e o ilustrador nado na nosa bisbarra Iván Prieto suman talentos para cantarlle á diversidade lingüística, que nunca debe supoñer un problema, senón que debe ser considerada como un tesouro do que é propietaria toda a humanidade.

"YA VIENEN LOS REYES"...

Imaxe
Chega o Nadal e con el o tempo de regalos. Para acertar cos xoguetes dos máis pequenos da casa, tedes a continuación unha serie de  orientacións que espero que vos sexan de utilidade: Facédelle comprender aos nenos que, da carta que escriban, os Reis Magos só elixirán algún regalo. É importante que comprendan que non poden obter todo o que desexan, deste xeito aprenden a tolerar a frustración. Non se trata de que os nenos teñan unha chea de regalos, senón poucos e ben elixidos para que poidan valorar a súa importancia e aproveitar todo o seu potencial. Os xoguetes deben servir para xogar, por iso é  fundamental que  sexan seguros e adecuados á idade do neno .  O mellor xoguete non é o máis caro senón o que logra estimular a imaxinación, a creatividade e o intelecto do neno. É  importante  respectar os gustos e desexos dos nenos, pero como  pais debemos orientar sempre a elección  cara un consumo equilibrado: necesidades, valor educativo, custo,  posibilidades ec

RECURSOS PARA O NADAL

Imaxe
Pronto chegarán as vacacións de Nadal, por iso nas escolas xa comezamos a facer moitas actividades relacionadas con esta festividade. A continuación, deixo unha serie de enlaces que espero vos aporten moitas ideas e vos sexan de utilidade. Nadal en Galicia Recursos para o Nadal  da coordinadora do ENDL Recursos para o Nadal  da web de Norberto Recursos e materiais  da Biblioteca CEIP Mestres Goldar Recursos para o Nadal do blog Dálle un coliño Actividades para Nadal  de Profes.net Doslourdes. Navidad : manualidades, poesías... Incluye Tic aula (Nadal):  Recursos para a inclusión dixital na aula Navidad : da páxina   Yo dibujo  , cantidade de actividades sobre o tema Navidad, Hanukah y Kwanzaa : multitude de recursos do blog Aula intercultural Puzzles de Nadal Minilibro " Personajes navideños ", con instruccións para montalo en Actiludis